Un día gris non frea a terceira xornada do circuíto de atletismo en pista de Pontevedra
Por Redacción
As instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva foron escenario este mércores do XXVI Trofeo Cidade de Pontevedra de atletismo.
A cita, terceira proba do recentemente estreado circuíto de atletismo en pista de Pontevedra, reuniu durante gran parte da tarde preto de 200 deportistas.
Deles ata 94 eran do club anfitrión, a Sociedad Gimnástica.
Unha oportunidade para coller ritmo de competición que aproveitaron os atletas en probas como o salto con pértega, martelo, 60, 100 e 150 metros lisos, 100 e 110 metros valas, triplo salto, xavelina, salto de lonxitude, 400 metros e 1.500 metros.
Relacionadas:
-
Vibrante xornada de atletismo no CGTD coa celebración a segunda edición do Encontro Interclubes
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Intensa xornada de atletismo no CGTD coa celebración dos autonómicos de clubs Sub 16 e Sub 20
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O atletismo pontevedrés ponse en forma no XLVII Trofeo Boa Vila
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Gimnástica e o Concello impulsan un novo circuíto de atletismo en pista
Por Diego Espiño |