Antía Jácome xogarase na 'casa' a súa presenza nos Xogos de Tokyo, o 1 e 2 de xullo
Por Diego Espiño
A Real Federación Española de Piragüismo puxo data para o control selectivo que decidirá quen se fai con praza olímpica na modalidade de C-1 200.
Será a última oportunidade de Antía Jácome (EP Ciudad de Pontevedra) de converterse en olímpica este verán, e xogará co factor 'cancha' ao seu favor xa que o selectivo celebrarase na pista de piragüismo David Cal do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido.
Será un cara a cara entre a pontevedresa, vencedora do selectivo nacional que daba acceso ao preolímpico, e a madrileña María Corbera, que logrou a praza olímpica para España nese clasificatorio europeo en Hungría ao decidir a Federación que Jácome se centrase no C-2 xunto á súa compañeira de club Antía Otero.
Como compensación a esa renuncia no Preolímpico, a Federación estableceu que se o C-2 non lograba praza e si a canoa individual Antía Jácome tería a oportunidade de ser a elixida nunha definitiva proba de control.
Será un todo ou nada. Segundo estableceu a dirección técnica da Federación, a clasificación decidirase á mellor de tres tiradas. De feito se unha padexeira gaña as dúas primeiras mangas xa non será necesaria a realización dunha terceira.
As dúas primeiras probas celebraranse salvo imprevisto o xoves 1 de xullo (9.00 e 11.00 horas), e en caso de ser necesario un desempate terá lugar o venres día 2 de xullo (10.00 horas).
Relacionadas:
-
Antía Jácome asina a clasificación olímpica máis emotiva
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Pontevedra será sede do Trofeo Xacobeo de Piragüismo no que participarán 1500 deportistas de España e Portugal
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O piragüismo pontevedrés regresa sen medallas do Europeo de Poznan
Por Redacción |
-
Boa imaxe do piragüismo pontevedrés no Campionato de Europa que se está celebrando en Polonia
Por Redacción |
-
Antía Otero e Antía Jácome tómanse o desquite en Szeged cunha prata na Copa do Mundo de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero rozan a clasificación pero quedan sen praza olímpica no C-2
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero gañan o selectivo do C-2 500 e tamén se clasifican para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome consegue o pase ao Preolímpico no C-1 200
Por Diego Espiño |