O Arosa xa ten rival, día e hora para a final polo ascenso á Segunda RFEF
Por Redacción
Só 90 minutos separan a Arosa de lograr o ascenso á Segunda RFEF, categoría que será o cuarto chanzo do balompé nacional a próxima tempada.
Tras a súa heroica resistencia na semifinal fronte ao Estradense, na que acabou con nove xogadores sobre o terreo de xogo, o cadro arlequinado medirase agora coa UD Somozas, que derrotou este domingo o Polvorín.
Á primeira hora do luns ambos os dous clubs reuníronse coa Real Federación Galega de Fútbol para pechar os detalles do encontro, que foi fixado para as 17.00 horas do próximo domingo 20 de xuño segundo confirma o organismo federativo.
Horarios partidos decisivos última xornada na 3ª División
— RFGF (@futgal) June 14, 2021
Play off de ascenso a 2ª RFEF
Arosa SC UD Somozas
Domingo 20
17:00
A Lomba de Vilagarcía
Grupo Permanencia
CD As PontesUD Ourense
CSD ArzúaCD Barco
Domingo 20
18:00 pic.twitter.com/Gg4Y0ATO7G
O escenario, ao gozar o Arosa de vantaxe de campo por obter mellor clasificación na liga, será o Estadio Municipal da Lomba, en Vilagarcía, unha instalación que vestirá as súas mellores galas cun aforo, iso si, que seguirá sendo limitado e que na semifinal foi próximo aos 700 espectadores.
Os de Rafa Sáez serán equipo da Segunda RFEF se gañan pero tamén no caso de empate, xa que ao igual sucedeu que ante o Estradense non haberá quenda de penaltis de persistir a igualada ao final do tempo regulamentario e a prórroga.
O choque será ofrecido en directo polas cámaras da segunda canle da Televisión de Galicia.
Relacionadas:
-
O Arosa é equipo de Segunda RFEF tras superar o Somozas na final polo ascenso (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arosa aguanta con 9 xogadores contra o Estradense e xogará a final polo ascenso a 2ª RFEF (0-0)
Por Almu Dapena |
-
Vilagarcía vela armas para vivir o play-off do Arosa: "A cidade vai estar volcada"
Por Redacción |