O Arosa aguanta con 9 xogadores contra o Estradense e xogará a final polo ascenso a 2ª RFEF (0-0)
Por Almu Dapena
A Lomba viviu este sábado un duelo vibrante entre Arosa e Estradense no que estaba en xogo unha praza na final polo ascenso a 2ª RFEF que finalmente levou o equipo arlequinado despois de 120 minutos cheos de polémica e nervios.
O partido estivo intenso desde o minuto uno con xogadas polémicas, claras protagonistas durante todo o encontro. O Arosa tentaba xerar perigo con Kilian arriba, que se facía cos balóns en campo contrario e creaba algunha ocasión na área de Cascallar. Mentres, o Estradense facía o propio en campo de Álex Cobo, tenteando o terreo e demostrando un claro respecto cara ao rival.
Despois do descanso chegou a polémica. O Arosa deu un paso adiante, mentres o equipo da Estrada aguantaba como podía. Así estivo o partido ata o minuto 72, cando o colexiado tomou a decisión de expulsar a Ross, deixando ao equipo de Rafa Sáez cun xogador menos e con moitos minutos todavía por diante.
Os de Vilagarcía tiñan que pelexar contra vento e marea aínda que o empate beneficiáselles. A superioridade numérica beneficiou ao Estradense, que se fixo dono e señor do encontro a pesar de non ver o gol
O Arosa tampouco era capaz de abrir a lata e, co 0-0, chegouse ao final do tempo regulamentario. A partir dese momento, o equipo de Vilagarcía só tiña que manter o resultado para pasar á gran final. Ao Estradense, con todo, só lle valía a vitoria.
Os nervios e o cansazo marcaron a media hora de prórroga. O equipo visitante non deixou de axexar a área de Álex Cobo, que tiña que intervir para salvar a un Arosa que resistía como podía nesta semifinal que estaba a ser de tolos.
A segunda parte da prórroga comezou con polémica. Gabriel Quintairos pitaba pena máxima, dubidosa, a favor do Estradense. Piay derrubou levemente a un xogador rival dentro da área e o árbitro do colexio vigués non dubidaba en sinalar lanzamento desde os once metros. Brais Calvo foi o encargado de lanzalo, pero Álex Cobo adiviñou a dirección do disparo e evitou o 0-1, dando ao Arosa unha inxección de adrenalina para afrontar a recta final.
Pero Javi Otero tamén foi expulsado por dobre amarela e deixaba ao seu equipo con nove no campo con aínda 14 minutos, máis o engadido, por disputar. Con todo, persistiu e resistiu o equipo arlequinado, empuxado por unha afección que non deixou de animar.
Finalmente, empate a 0-0 na Lomba, resultado que dá o pase á fase final polo ascenso a 2ª RFEF ao Arosa.
Relacionadas:
-
O Arosa é equipo de Segunda RFEF tras superar o Somozas na final polo ascenso (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arosa xa ten rival, día e hora para a final polo ascenso á Segunda RFEF
Por Redacción |
-
Vilagarcía vela armas para vivir o play-off do Arosa: "A cidade vai estar volcada"
Por Redacción |
-
A semifinal polo ascenso do Arosa, o sábado 12 ou o domingo 13 de xuño
Por Redacción |
-
O Arosa xogará a fase de ascenso a 2 RFEF na casa tras vencer o Somozas por 3-1
Por Almu Dapena |