O Arosa xogará a fase de ascenso a 2 RFEF na casa tras vencer o Somozas por 3-1
Por Almu Dapena
Importantísima vitoria a lograda polo Arosa este domingo na Lomba. Ao equipo de Vilagarcía custoulle, e moito, vencer o Somozas, pero sumaron tres puntos moi valiosos que lle garanten a terceira posición, polo que xogarán o play-off de ascenso a 2 RFEF no seu feudo. Ademais, dous empates serían suficientes para conseguir subir de categoría.
Chegou minguado polas baixas o plantel de Rafa Sáez, que non puido contar con Pedro Beda, Campillo e Pedro García e tivo que botar mans de tres xuvenís para completar a convocatoria.
Obrigados a gañar, saíron a por todas os xogadores arlequinados, xerando perigo na portería defendida por Marcos Souto pero sufrindo coas chegadas do Somozas.
De tanto buscar o gol ao final acabou chegando, e quizá cando máis o necesitaba. No minuto 41, Killian recibiu nas costas da zaga un pase fantástico de Rober, regateou ao porteiro e, con dous xogadores rivais baixo paus, enviou o balón á rede para facer o 1-0 co que se alcanzou ao descanso.
Tras o intermedio, non tardaron nin dous minutos en ampliar a renda. Nunha contra dirixida por Fajardo e tras enviar o balón Mon, foi este o que se converteu en goleador para facer o 2-0.
Non lle deu tempo a gozar o gol á afección arlequinada, xa que na seguinte xogada do Somozas, Daniel Bellas marcou un gol olímpico co recortou diferenzas.
Co 2-1 regresou a tensión ao banco de Rafa Sáez, que vía perigar a vitoria cada vez que o equipo visitante achegábase á portería de Cobo.
Pero a calma finalmente chegou, de novo de man de Mon e no minuto 84 de xogo. Recibiu Kilian o balón en banda esquerda e centrou ao 14 do Arosa, que desde o punto de penalti bateu de punteira a Marcos Souto para anotar o definitivo 3-1.
Consulta a acta do Arosa-Somozas
Relacionadas:
-
O Arosa aguanta con 9 xogadores contra o Estradense e xogará a final polo ascenso a 2ª RFEF (0-0)
Por Almu Dapena |
-
Vilagarcía vela armas para vivir o play-off do Arosa: "A cidade vai estar volcada"
Por Redacción |
-
A semifinal polo ascenso do Arosa, o sábado 12 ou o domingo 13 de xuño
Por Redacción |
-
O play-off do Arosa, aprazado por un positivo por covid no Choco
Por Redacción |
-
O aprazado Arosa-Somozas xogarase o 23 de maio, e a fase de ascenso desde o 30
Por Redacción |
-
Adeus ás opcións de ascenso directo para o Arosa tras caer en As Eiroas co Bergantiños (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Arosa e Ribadumia levan os tres puntos ante o Polvorín e o Arzúa
Por Almu Dapena |