Vitoria do Ribadumia sobre o Fisterra para despedirse de Terceira División (1-2)
Por Redacción
O Ribadumia despediuse este sábado da Terceira División con vitoria sobre o Fisterra en Arasolís. A pesar de que ambos os conxuntos levaban descendidos varias xornadas, o público que acudiu ao campo coruñés puido gozar dun bonito duelo no que non faltaron os goles.
O primeiro tanto do encontro anotouno o equipo aurinegro por mediación de Carlos Pérez, que adiantou ao seu equipo aos 10 minutos de xogo.
Pouco despois, concretamente cando se cumpría o cuarto de hora, Hugo Soto aumentou a vantaxe anotando o 0-2 co que se alcanzou o descanso.
A segunda metade transcorreu con chegadas a ambas as áreas pero sen goles ata o minuto 80, momento no que Juan Lado recortou diferenzas para o Fisterra e facendo o 1-2 final.
Consulta a acta do Fisterra-Ribadumia
Relacionadas:
-
O Ribadumia despídese da súa afección con vitoria sobre o Paiosaco (3-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia cae co Arzúa e xa é equipo de Preferente (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Derrota do Ribadumia pola mínima contra o Viveiro na Senra
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para o Ribadumia, que vence o Estudantil e soña coa permanencia (0-2)
Por Almu Dapena |