Pablo Alonso, a un paso de alzarse coa Copa de España elite
Por Redacción
O ciclista do Supermercados Froiz, Pablo Alonso, está a un paso de alzarse coa Copa de España en categoría elite despois do oitavo posto logrado na penúltima proba da competición celebrada en Ontur.
Defendendo o maillot que o acreditaba vencedor da Copa elite, Alonso saíu con ganas para disputar os 172 quilómetros que tiña por diante dunha carreira moi marcada polo vento.
Tras uns instantes moi igualados, no quilómetro 80 foi cando se produciron as primeiras escapadas, quedando na cabeza un grupo de 30 corredores entre os que ían os sete da escuadra pontevedresa.
Perderon o contacto co grupo Ángel Monje e Ramón Fernández despois dunha caída na que non sufriron danos, pero non puideron recuperar o ritmo e quedaron descolgados.
A carreira cada vez perdía máis corredores, chegando aos últimos quilómetros un grupo moi reducido. Nicolás Antorena e Santiago Cadavid seguían aguantando para manter no pelotón de cabeza a Pablo Alonso, Juan Diego Cano e Daniel Jiménez.
E como estaba previsto, a recta final da carreira decidiuse nun sprint do grupo reducido con Alonso chegando á meta no posto número 8, Jiménez no 16 e Cano no 21.
Estas posicións outorgáronlle ao Supermercados Froiz a segunda posición na clasificación xeral por equipos, demostrando un gran nivel e traballo de conxunto. Ademais, Pablo Alonso ten máis preto proclamarse campión da Copa de España, a falta da proba que se celebrará en Padrón.
Pola súa banda, o gañador da proba albaceteña foi David Martín do Eolo Kometa, Miguel Ángel Fernández (Rías Baixas) foi segundo e Raúl Rota (Lizarte) chegou terceiro.
Relacionadas:
-
O Supermercados Froiz pon fin a unha semana inesquecible cun quinto posto de Pablo Alonso na Volta Comarca Brigantina
Por Redacción |
-
Pablo Alonso fai historia para o Froiz e coróase na Copa de España en categoría elite
Por Redacción |
-
Un terceiro posto final e a clasificación da montaña, botín do Froiz na Vuelta a Zamora
Por Redacción |
-
Pablo Alonso segue líder en categoría elite a pesar do seu décimo posto no Circuito Guadiana
Por Redacción |
-
O Froiz dispara ao pau no Trofeo Guerrita cun Pablo Alonso que colle o liderado elite da Copa de España
Por Redacción |