Ángel Rodríguez rodéase no Pontevedra dun corpo técnico "que lleva sangre granate"

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz
O Pontevedra Club de Fútbol presentou este venres ao seu novo corpo técnico ao completo, co novo adestrador Ángel Rodríguez á cabeza.
"Hemos intentado profesionalizar el cuerpo técnico con dos personas más en el staff", recoñeceu o director deportivo Toni Otero, todo iso "intentando contra con gente que lleva sangre granate, capaz, con experiencia y que quiere que el Pontevedra esté arriba", sinalou.
A man dereita de Rodríguez como segundo adestrador será Sergio Moreira, que a pasada campaña dirixía ao filial. Agora o encargado de adestrar ao segundo equipo será Luismi Areda, compaxinándoo co labor de analista para o primeiro equipo. O staff completarano Álex Otero e Cristóbal Filgueira na preparación física, Moncho Martínez como adestrador de porteiros, Borja Ríos como fisioterapeuta e José Manuel Barragáns que se mantén como médico do club.
A presentación serviu á súa vez para coñecer as primeiras impresións de Ángel Rodríguez desde a súa chegada á cidade, asegurando estar "cada día más contento". O técnico defendeu o estilo que tentará mostrar en Pasarón, cun equipo que "va a intentar siempre llevar la iniciativa, que sea protagonista con balón, que sea un equipo que afronte los partidos con una intensidad muy alta, no quiero poner un listón pero les voy a hacer ver a los chicos que el ADN de este equipo tiene que ser salir a ganar en cualquier campo y ser protagonista y para eso hay que trabajar mucho y fuerte".
En canto ao plantel, con dous postos sinalados polo director deportivo a reforzar aínda como son o lateral esquerdo e o mediocentro defensivo, o adestrador granate pediu tempo para "conocer a los chicos que están abajo, que van a hacer la pretemporada con nosotros" antes de pechar ningún reforzo.
"Seguramente nos van a ofrecer muchas cosas. Les voy a dar la oportunidad de mostrarse en varios partidos para conocerlos y para que cada uno exprese el fútbol que tienen dentro", sinalou o técnico leonés sobre os canteiráns.
O Pontevedra ten previsto iniciar a súa pretempada o vindeiro luns, día 26 de xullo.
Relacionadas:
-
Ángel Rodríguez leva o preparador físico Cristóbal ao Rico Pérez
Por Manu Otero |
-
O lateral esquerdo Samu Araújo, sorpresa no adestramento e oitava fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Rufo e Iñaki dan a vitoria ao Pontevedra no primeiro amigable de pretemporada ante o Estradense (0-2)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra afronta "con muchas ganas" o primeiro partido de pretemporada contra o Estradense
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Deportivo e Coruxo, novos rivais para a pretempada do Pontevedra
Por Redacción |
-
Hummel seguirá vestindo o Pontevedra un ano máis
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra ponse en marcha sen positivos no plantel e a ritmo de dobre sesión
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra cita 25 futbolistas para iniciar a pretempada
Por Almu Dapena |
-
A covid-19, unha preocupación para o Pontevedra ante o inicio da pretempada
Por Diego Espiño |
-
Luismi regresa ao Pontevedra como analista do primeiro equipo e adestrador do filial
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra-Compostela e Arosa-Arenteiro para comezar a liga o 5 de setembro
Por Ramiro Espiño |
-
Ángel Rodríguez aterra en Pontevedra e prepara os detalles para o inicio da pretempada
Por Diego Espiño |
-
Marcos Del Río, nomeado director xeral do Pontevedra CF: "Lo principal es volver a acercar el club a la ciudad"
Por Diego Espiño |
-
Alberto Rubio convértese no sétimo reforzo do Pontevedra
Por Diego Espiño |