Marcos Del Río, nomeado director xeral do Pontevedra CF: "Lo principal es volver a acercar el club a la ciudad"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol engadiu unha nova peza á súa estrutura como entidade, ao confirmar este venres ao home que actuará como o seu novo director xeral.
Trátase de Marcos Del Río, licenciado en xornalismo e especializado en márketing e comunicación. Esas serán algunhas das súas funcións na casa granate, todas relacionadas coa coordinación xeral do club, fóra da parcela deportiva, pero con especial atención á citada comunicación e márketing e tamén á relación coa masa social e os patrocinadores e a xestión de novos recursos.
"Lo principal es volver a acercar el club a la ciudad, a los pontevedreses", sinala como o seu principal obxectivo o pontevedrés, que xa se incorporou no día a día da entidade empezando coa elaboración da próxima campaña de abonados.
"Vamos a hacer una campaña de socios que pueda volver a reactivar esa relación", sinala en relación á afección, coa idea ademais de "centrarnos en acercar el Pontevedra a la comarca".
Tras uns inicios relacionados coa prensa deportiva e na xefatura de prensa dun club de baloncesto, Marcos Del Río traballou máis recentemente como responsable de activación de patrocinios deportivos na compañía Libertex, relacionada con equipos como o Valencia CF, Getafe CF, Tottenham Hotspur, Newcastle United ou SS Lazio.
Segundo explica o Pontevedra, esta incorporación é "un paso máis cara á reestruturación dos estamentos organizativos do club" iniciada coa chegada de Toni Otero á dirección deportiva.
Relacionadas:
-
Casting para ser "A Voz" de Pasarón
Por Manu Otero |
-
A campaña de abonados do Pontevedra comeza con máis de 200 carnés nunha soa mañá
Por Manu Otero |
-
A covid-19, unha preocupación para o Pontevedra ante o inicio da pretempada
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez rodéase no Pontevedra dun corpo técnico "que lleva sangre granate"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Pontevedra-Compostela e Arosa-Arenteiro para comezar a liga o 5 de setembro
Por Ramiro Espiño |
-
Ángel Rodríguez aterra en Pontevedra e prepara os detalles para o inicio da pretempada
Por Diego Espiño |
-
Alberto Rubio convértese no sétimo reforzo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero: "Sorpréndeme a presión que se xera sobre este club"
Por Diego Espiño |
-
Lateral zurdo, centro do campo e mediapunta, posicións a reforzar polo Pontevedra no que queda de mercado
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra 'pesca' de novo no Compostela e ficha o central David Soto
Por Diego Espiño |