Lateral zurdo, centro do campo e mediapunta, posicións a reforzar polo Pontevedra no que queda de mercado

Por Diego Espiño
Reforzar tres posicións concretas é o obxectivo do Pontevedra Club de Fútbol no tramo final do mercado de fichaxes, segundo recoñeceu este luns en rolda de prensa o director deportivo do club granate, Toni Otero.
Esas demarcacións serían as do lateral esquerdo, un futbolista para o centro do campo e outro máis para a liña de mediapunta. Para iso "son tres fichas sénior libres las que quedan y tres sub-23 y a partir de ahí hay que aceptar y tener calma", explicou o responsable da planificación deportiva.
No primeiro deses postos "tengo en mente un jugador, y mientras tenga opciones voy a seguir manteniendo esa vía abierta. Me han llegado muchas propuestas, pero quiero ese jugador y voy a esperar por él", defendeu Otero. Ademais desa negociación a intención da dirección deportiva é dar opción ao segundo posto de lateral a un canteirán como Pablo López, aínda que a decisión final será do novo adestrador á espera de que "vea cómo es y si realmente tiene hueco".
Toni Otero: "Son tres fichas sénior libres las que quedan y tres sub-23 y a partir de ahí hay que aceptar y tener calma"
En canto á planificación Toni Otero, que deu por pechadas o resto de liñas do equipo, confirmou que o central canteirán Pacheco contará con ficha sénior do primeiro equipo "porque ya no es sub-23", mentres que no caso de Iñaki "hemos hablado con él y valoraremos la situación en pretemporada".
Desta forma, sen sumar a Iñaki na lista do primeiro plantel serían a día de hoxe 16 os futbolistas confirmados cos gardametas Álvaro Cortés e Pablo Cacharrón; os defensores Churre, Santi, David Soto, Diego Seoane, Samu e Pacheco; os centrocampistas Javi Rey, Romay, Álex González, Oier Calvillo e Brais Abelenda e os dianteiros Charles, Rufo e Martín Diz.
O ADESTRADOR ANGEL RODRÍGUEZ "CREO QUE ES EL INDICADO"
Na súa comparecencia Toni Otero valorou tamén a contratación de Ángel Rodríguez como adestrador. "Mi relación con él es grande, nuestro entendimiento es grande y fue uno de los factores determinantes", defendeu agradecendo ao resto de candidatos ao posto "por esperar y aguantar, pero al final sólo puede ser uno".
O preparador, como axudante de Paco Herrera, coincidiu con Otero primeiro no Celta de Vigo e despois nas Palmas, antes de iniciar a súa carreira en solitario nas filas do Langreo asturiano na Segunda División B. Asina por unha tempada e chegará só, acompañándose no corpo técnico por homes da casa granate.
"El fútbol lo vemos de la misma manera", explicou o director deportivo, o que pasa por tentar propoñer "equipos de juego, de dominio, exigentes e intensos", todo iso con "una apuesta por la cantera y por la gente de aquí".
Ángel Rodríguez será presentado oficialmente nos próximos días.
Relacionadas:
-
Ángel Rodríguez aterra en Pontevedra e prepara os detalles para o inicio da pretempada
Por Diego Espiño |
-
Marcos Del Río, nomeado director xeral do Pontevedra CF: "Lo principal es volver a acercar el club a la ciudad"
Por Diego Espiño |
-
Alberto Rubio convértese no sétimo reforzo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero: "Sorpréndeme a presión que se xera sobre este club"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez, novo adestrador do Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
Damià Sabater deixa o Pontevedra e xa é xogador do Eldense
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra 'pesca' de novo no Compostela e ficha o central David Soto
Por Diego Espiño |
-
O Racing de Ferrol, primeiro rival confirmado na pretempada do Pontevedra
Por Redacción |
-
Óscar Martínez asina co Racing Rioja e Pitu comprométese co Badalona
Por Diego Espiño |
-
Romay, a mellor 'fichaxe' para o Pontevedra tras recibir a alta médica: "Estarei listo para o inicio da liga, seguro"
Por Diego Espiño |
-
Brais Abelenda, quinta fichaxe dun Pontevedra que tamén renova a Iñaki e Pacheco
Por Diego Espiño |