O Racing de Ferrol, primeiro rival confirmado na pretempada do Pontevedra

Por Redacción
Non hai adestrador confirmado e aínda restan algo máis de dúas semanas para que o balón bote a rodar de novo para o Pontevedra co inicio a pretempada, fixado para o luns 26 de xullo, pero o cadro granate conta xa co seu primeiro amigable pechado.
Do mesmo xeito que nas últimas campañas, a confirmación chegou por vía do rival para ese partido, que non será outro que o Racing de Ferrol, adversario o último curso e que agora militará na Primeira RFEF.
O conxunto departamental deu a coñecer as datas da súa pretempada e entre elas inclúe un choque fronte aos granates o domingo 8 de agosto en Pontevedra.
Buenas tardes!
— Racing Club Ferrol (@racingferrolsad) July 7, 2021
.
Os dejamos la planificación de la pretemporada hasta el momento.
.
Esto empieza pic.twitter.com/M1STJzWOuB
Será o regreso a Pasarón de varios xogadores importantes na historia recente do club como David Castro, Kevin Presa ou Miguel Loureiro, recentemente asinados polo Racing.
Os verdes chegarán previsiblemente máis rodados á cita, debido a que os seus adestramentos darán comezo o próximo 14 de xullo, 12 días antes de que o Pontevedra faga o propio para encarar seis semanas de preparación ata o inicio da competición oficial, no caso da Segunda RFEF previsto para o 5 de setembro.
Relacionadas:
-
Alondras-Pontevedra e Arosa-Rápido de Bouzas na primeira rolda da Copa RFEF
Por Diego Espiño |
-
Lateral zurdo, centro do campo e mediapunta, posicións a reforzar polo Pontevedra no que queda de mercado
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez, novo adestrador do Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
Damià Sabater deixa o Pontevedra e xa é xogador do Eldense
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra 'pesca' de novo no Compostela e ficha o central David Soto
Por Diego Espiño |
-
Óscar Martínez asina co Racing Rioja e Pitu comprométese co Badalona
Por Diego Espiño |
-
Romay, a mellor 'fichaxe' para o Pontevedra tras recibir a alta médica: "Estarei listo para o inicio da liga, seguro"
Por Diego Espiño |
-
Brais Abelenda, quinta fichaxe dun Pontevedra que tamén renova a Iñaki e Pacheco
Por Diego Espiño |
-
Sen adestrador, a 20 días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra renova a Santi, Martín Diz, Álvaro Cortés e anuncia a fichaxe de Diego Seoane
Por Manu Otero |
-
Racing de Ferrol ou Racing de Pasarón?
Por Manu Otero |