Damià Sabater deixa o Pontevedra e xa é xogador do Eldense

Por Almu Dapena
A lista de xogadores que están a abandonar o Pontevedra Club de Fútbol vai aumentando a medida que pasan os días.
O último en dicir adeus foi Damià Sabater, que se une á nómina de baixas formada por Pitu, Óscar, Adrián Cruz, Eneko Zabaleta, Jorge Fernández, Xisco Campos, Imanol e Borja Martínez.
"Desde el momento que pisas Pasarón te das cuenta de lo especial que es este club", recoñece o mallorquino a través das redes sociais, e agradece "a todos mis compañeros, afición y trabajadores del club por el apoyo que me habéis dado".
O mediocentro de 25 anos, que disputou 17 partidos e marcou catro goles, pon fin á súa etapa granate e confírmase como nova peza nas filas do CD Eldense.
Relacionadas:
-
Toni Otero: "Sorpréndeme a presión que se xera sobre este club"
Por Diego Espiño |
-
Lateral zurdo, centro do campo e mediapunta, posicións a reforzar polo Pontevedra no que queda de mercado
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez, novo adestrador do Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra 'pesca' de novo no Compostela e ficha o central David Soto
Por Diego Espiño |
-
O Racing de Ferrol, primeiro rival confirmado na pretempada do Pontevedra
Por Redacción |
-
Óscar Martínez asina co Racing Rioja e Pitu comprométese co Badalona
Por Diego Espiño |
-
Romay, a mellor 'fichaxe' para o Pontevedra tras recibir a alta médica: "Estarei listo para o inicio da liga, seguro"
Por Diego Espiño |
-
Brais Abelenda, quinta fichaxe dun Pontevedra que tamén renova a Iñaki e Pacheco
Por Diego Espiño |
-
Sen adestrador, a 20 días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra reforza a súa defensa co lateral dereito Diego Seoane
Por Almu Dapena |