Finalizada a primeira semana de adestramentos para o Leis, que empeza a liga o 18 de setembro en Ourense
Por Redacción
A primeira semana de pretempada grupal finalizou para o equipo sénior masculino do Leis Pontevedra, que este ano volverá competir no Grupo 1 da Segunda B Nacional de fútbol sala.
Os xogadores xa empezaran a adestrar individualmente facía tres semanas, pero foi este luns cando deron o pistoletazo de saída ás sesións programadas no Pavillón de Marcón.
Previa realización dos test covid, todos eles con resultado negativo, a directiva deu a bienvenidda aos xogadores, mentres o corpo técnico, encabezado por Julio Mougán, Alberto Matilla e Manu, explicaron as liñas básicas polas que se rexerá a nova campaña.
Unha vez realizado o primeiro adestramento, o preparador físico, Manu, destacou que os xogadores chegaron "en condicións óptimas" á cita, "entre outras cousas debido ao traballo preparatorio que estiveron a desenvolver as tres semanas antes do comezo". O resto da semana baseárona en aspectos físicos e tocaron balón.
Pola súa banda, o técnico do Leis, Julio Mougán, mostrou a súa satisfacción polo traballo realizado polo persoal "cumprindo todos os obxectivos programados para estes días, así como a fortaleza grupal que se respira, clave para unha tempada esixente".
O equipo pontevedrés comezará a liga o 18 de setembro visitando ao Sala Ourense, mentres que o primeiro partido en casa será a o 25 de setembro fronte ao Transiscard Distrito Ventorrillo F. A liga finalizará para o Leis no campo do C.D Unión Arroyo o 7 de maio.
Consulta o calendario completo na páxina web da Federación Española