Embarcacións tradicionais para asistir, entre Ons e Combarro, aos nadadores da Tripla Coroa
Por Redacción
A Tripla Coroa Illas Atlánticas, unha competición que consta de tres probas a nado de 15, 19 e 23 quilómetros de distancia polas rías de Vigo, Arousa e Pontevedra e con orixe desde cada unha das illas do Parque Nacional Illas Atlánticas, renderá homenaxe ás embarcacións tradicionais galegas durante a celebración da terceira travesía, na que os deportistas deberán nadar desde a illa de Ons ata Combarro.
Co obxectivo de mostrar "a riqueza cultural, patrimonial e marítima" da ría durante os 23 quilómetros de percorrido, haberá embarcacións tradicionais acompañando aos participantes nos puntos de control e avituallamiento. Nos quilómetros 4 e 12 do percorrido estará o galeón Silgar, do Real Club Náutico de Sanxenxo, nos quilómetros 8 e 16 estará fondeado o galeón Sanxenxo, tamén do clun sanxenxino; e no quilómetro 20 do percorrido estará fondeado o recentemente restaurado galeón Luisa, do Club Mariño A Reiboa de Poio.
A cita da ría de Pontevedra está prevista para o 4 de setembro e a duración estimada en completar o percorrido é superior ás 8 horas.
Relacionadas:
-
Alberto Taboada e Andrea de la Hera, gañadores da travesía a nado entre Ons e Combarro
Por Redacción |
-
120 deportistas nadarán este sábado desde Ons a Combarro
Por Redacción |
-
A travesía a nado entre Ons e Combarro abre inscricións cun límite de 120 prazas pola covid
Por Redacción |
-
A Tripla Coroa Illas Atlánticas pon data á travesía aprazada entre Ons e Combarro: 4 de setembro de 2021
Por Redacción |