O aforo de Pasarón poderá ocuparse ao 60%
Por Oskar Viéitez
O comité clínico que asesora á administración autonómica na xestión da pandemia ratificou os aforos para os eventos deportivos.
Amplíase ao 60% o aforo para os estadios de fútbol, para espectáculos deportivos ao aire libre e 40% en interior con independencia do nivel do concello.
Ratifícase así o acordo adoptado hai unha semana polo Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas.
En canto á actividade deportiva non federada, Feijóo anunciou que levará a cabo un diálogo co sector dos ximnasios e os responsables de demais centros para un protocolo semellante á hostalería, con medidas independentes á situación epidemiolóxica.
Con respecto aos centros cívicos, sociais e socio comunitarios nos concellos situado no nivel máximo e alto poderase ocupar ata o 50% de capacidade e naqueles concellos en nivel medio e medio-baixo sobe o aforo destes centros ata o 75%.
Na súa comparecencia deste mércores o presidente da Xunta indicou que as restricións que afectan as reunións sociais mantéñense ata o 18 de setembro coas limitacións xa coñecidas de seis persoas en interior e de dez en exterior.
Antes do 18 de setembro e o comité clínico concretará un novo escenario xa que "a situación de agora é moitísimo mellor a cando adoptamos as limitacións".
Relacionadas:
-
Sanidade aproba autorizar o 100% do aforo en estadios ao aire libre e o 80% en pavillóns
Por Redacción |
-
Só os locais de hostalería máis esixentes poderán abrir as barras a partir do 15 de setembro
Por Oskar Viéitez |
-
Os centros de vacinación masiva abrirán este sábado sen cita previa para maiores de 12 anos
Por Oskar Viéitez |