Miguel Rodríguez e Aida Nuño, dominadores no inicio da Copa Galicia de Ciclocrós en Pontevedra e Poio
Por Redacción
A Copa Galicia de Ciclocrós levantou a fin de semana o pano da súa edición 2021 cunha dobre cita en Pontevedra e Poio que contou cos mesmos dominadores, Miguel Rodríguez e Aida Nuño, nas carreiras elite-sub23.
No apartado masculino Rodríguez deulle ao seu equipo, o Supermercados Froiz, o debut soñado no seu recuperado proxecto de ciclocrós. Venceu primeiro o sábado no V Ciclocrós Concello de Pontevedra organizado polo CD Pinarium no Hipódromo de Campañó superando por máis de medio minuto a Rubén Deaño (CC Ourense Termal) e en máis dun minuto a Samuel González (CC Más que bicis), segundo e terceiro respectivamente. Aínda por riba o sub-23 do Froiz repetiu o domingo no IV Ciclocrós Poio Móvese organizado polo Poio Bike Club con Samuel González segundo e o seu compañeiro de equipo Fabián Rodríguez no terceiro chanzo do podio.
Pola súa banda na categoría elite e sub-23 feminina a gran dominadora e líder do certame é Aida Nuño (Río Miera-Cantabria Deporte), ao superar tanto en Pontevedra como en Poio con autoridade a Carla Fernández (Team Farto) e a María Jesús Barros (CC Spol), repetindo en ambas as probas o podio de honra.
Unha fin de semana que serviu de aperitivo para o que está por vir en Pontevedra, coa primeira cita puntuable da Copa de España que terá lugar na Illa das Esculturas prevista para o vindeiro sábado 8 de outubro e que terá categoría internacional C1, e tamén en Marín o domingo co Ciclocrós Internacional Xaxán CX.
Relacionadas:
-
"Mucha ilusión y muchas ganas" no Froiz para afrontar a Copa de España de ciclocrós
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Copa de España C1 de Ciclocrós de Pontevedra, unha cita que "abre as portas" para organizar o Europeo
Por Diego Espiño |
-
Volta ás orixes do Froiz apostando por unha estrutura de ciclocrós
Por Redacción |
-
Pontevedra e Poio abren unha vibrante tempada de ciclocrós
Por Redacción |