Bo ambiente e ilusión na XI edición da carreira popular Pinga-Pinga
Por Redacción & Cristina Saiz
A carreira Pinga-Pinga regresou, tras un ano de parón obrigado pola pandemia, ás rúas de Santo Tomé de Piñeiro, en Marín.
Co seu XI edición, a proba retomou a normalidade cunha xornada diferente e ilusionante, non só polo que supuxo volver realizar este evento, senón pola homenaxe tan especial que celebraron.
E é que Susana Rodríguez, gañadora da tripla coroa (Mundial, Europeo, Xogos Olímpicos) e referente para moitas nenas e nenos, foi a imaxe da xornada, "un emblema de inclusión que queremos promover desde o club", destacan desde o CD Pinarium.
A actividade comezou a partir das 16:05 horas coas carreiras de menores nas intalaciones do campo de fútbol de Chan de Piñeiro, e ás 17:00 horas celebrouse a sénior, con 7,5 quilómetros de distancia nun circuíto circular con saída e chegada no propio campo. Nesta participaron 220 corredores, que saíron en grupos de 10 en 10 e con 15 segundos de diferenza entre eles para evitar aglomeracións.
O gañador en categoría masculina foi Alejandro Fernández, do Ourense Atletismo cun tempo de 22:40. Seguíronlle Pablo Bocelo, do Atletismo Coruña Comarca (23:40), e Manuel Lorenzo, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra (23:45).
Pola súa banda, Edymar Brea, do Ourense Atletismo, coroouse en categoría feminina parando o cronómetro en 27:15. O podio completárono Tina Fernández, do Sar (28:24) e Beatriz Fernández, do Atletismo Corredoiras (29:01).
Ademais, ás 16:00 horas celebrouse unha camiñada con dúas opcións, unha longa de 10 quilómetros e outra máis curta de 5 quilómetros.
Consulta a clasificación da carreira popular Pinga-Pinga no seguinte enlace
Relacionadas:
-
Antía Jácome, deportista homenaxeada na XII Carreira Pinga-Pinga
Por Redacción |
-
O Pinarium déixase ver no Cros Internacional de Atapuerca
Por Redacción |
-
Eugenia Gil, atleta da Gimnástica, mellor árbitra da tempada da liga Iberdrola
Por Redacción |
-
A carreira popular Pinga-Pinga volve coa súa XI edición
Por Redacción |