A Escola Hungaresa organiza esta fin de semana o primeiro torneo de esgrima a cegas de España
Por Redacción
A Escola Hungaresa organizará nas instalacións do colexio San Narciso de Marín, entre o 29 e o 31 de outubro, o primeiro encontro internacional de esgrima a cegas.
Trátase do primeiro evento que se realiza en España desta modalidade de esgrima adaptada a deportistas con discapacidade visual e na que a entidade pontevedresa leva traballando desde o ano 2012.
No evento participarán 40 técnicos e deportistas de 5 delegacións nacionais diferentes. Italia, Francia, Suecia, Portugal e España traballarán durante as xornadas impartindo clases e realizando sesións de adestramento conxuntas.
O domingo 31 de outubro terá lugar o primeiro trofeo de esgrima a cegas de España, nas modalidades de espada feminina e espada masculina individual. O torneo contará, ademais, coa presenza de José Luis Abajo “Pirri”, medallista olímpico en Pequín 2008 e actual presidente da Real Federación Española de Esgrima, que se desprazará a Marín para coñecer de primeira man a modalidade e facer entrega dos trofeos aos deportistas.
Dentro do programa europeo de Esgrima a Cegas, o principal obxectivo a longo prazo é lograr o recoñecemento da modalidade como deporte paralímpico oficial, algo que xa conseguiron en Italia.
Relacionadas:
-
A base da Escola Hungaresa divírtese a golpe de medallas
Por Redacción |
-
Os tiradores da Escola Hungaresa brillan no torneo de verán de esgrima antiga
Por Redacción |
-
O renovado pavillón da ONCE convértese no centro de operacións do taekwondo e a esgrima
Por Manu Otero |
-
Recoñecemento á Escola Hungaresa de esgrima tras o seu título nacional infantil
Por Redacción |