Os tiradores da Escola Hungaresa brillan no torneo de verán de esgrima antiga
Por Redacción
A Escola Hungaresa recupera, despois de preto de ano e medio sen competicións, a organización do tradicional torneo de verán. Unha competición de esgrima histórica que recrea os combates de espada seguindo as técnicas e tácticas dos antigos tratados de esgrima e enmarcados nas Artes Marciais Históricas Europeas ( HEMA).
No torneo celebrado en Pontevedra participaron 36 deportistas pertencentes a catro salgas galegas: Pontevedra, Vigo, A Coruña e Narón. O evento comezou coa competición de espada longa na que os tiradores locais Carlos Torres e Aitor Fernández chegaron a semifinais para facerse co bronce, mentres que na final, o pontevedrés Manuel Vilariño impúxose ao coruñés Daniel López.por 11 tocados a 8.
Na modalidade de espada ropera, o pontevedrés Aitor Fernández caeu en semifinais, mentres que Alberto Abal meteuse na final, na que non puido bater Daniel López, polo que tivo que conformarse coa medalla de prata.
A tempada de competicións finalizou así da mellor maneira posible para a Escola Hungaresa, con catro tiradores no podio e conquistando 5 das 8 medallas posibles.
Relacionadas:
-
A base da Escola Hungaresa divírtese a golpe de medallas
Por Redacción |
-
Pilar Garnelo ascende ao cuarto posto do ranking nacional de sabre cadete
Por Redacción |
-
A Escola Hungaresa organiza esta fin de semana o primeiro torneo de esgrima a cegas de España
Por Redacción |
-
O renovado pavillón da ONCE convértese no centro de operacións do taekwondo e a esgrima
Por Manu Otero |
-
Recoñecemento á Escola Hungaresa de esgrima tras o seu título nacional infantil
Por Redacción |