As regatistas Paula e Paloma González e a atleta Carolina Santos reciben o recoñecemento do Concello de Poio
Por Redacción
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, e a concelleira de Deportes, Marga Caldas, recibiron este mércores na Casa Consistorial a tres deportistas locais que non deixan de colleitar éxitos. Trátase das irmás Paula e Paloma González, recentes gañadoras do Campionato de España de Vela na Clase Vauren, e a atleta Carolina Santos Villalón, que a finais de setembro se proclamou tamén campiona autonómica, en categoría xuvenil, nos 5.000 metros.
Todas elas recibiron de mans do rexedor local un obsequio conmemorativo como recoñecemento non só aos grandes resultados que están a acadar, senón tamén polo seu esforzo e espírito competitivo.
Ademais, tal e como lembraron tanto o Sobral como Caldas, Paloma, Paula e Carolina "son grandes embaixadoras do noso municipio, que presumen con orgullo das súas raíces poienses en cada competición na que participan". O Concello deséxalle moitos éxitos nas súas traxectorias deportivas ás tres deportistas, que, malia a súa xuventude, xa son todo un referente nas súas disciplinas.
Relacionadas:
-
Raxó será sede do Campionato de España de Vela na Clase Vaurien
Por Redacción |
-
Sergio Vallejo, Silvia Aguete e o Poio Bike Club, distinguidos nos Premios Poio Móvese
Por Redacción |
-
Poio premia por terceiro ano aos seus mellores deportistas locais
Por Redacción |
-
O Baile de Gala da Peregrina ponse de longo con 19 'debutantes' e milleiros de asistentes
Por Redacción |
-
Paloma e Paula González non se poñen teito na vela lixeira
Por Redacción |