O Arxil buscará seguir superándose na súa visita o Almería, segundo clasificado
Por Redacción
O invicto Club Baloncesto Arxil ten este sábado (19:30 horas) un novo exame para seguir líder da Liga Feminina 2. E é que nin máis nin menos terá en fronte ao Almería, segundo clasificado con oito partidos gañados ás súas costas e tan só unha derrota.
Intratables na súa cancha con pleno de triunfos, o equipo almeriense destaca polo seu gran xogo exterior e por contar como principais bazas con D' Urso, Lucía Méndez, Irene Garrido, Djukic e Fernández, que se están inspiradas poñerán en perigo a imbatibilidade do Arxil.
Pola súa banda, as pupilas de Mayte Méndez chegan á cita despois de vencer ao Melilla de forma apertada e mostrando o seu mellor nivel nos últimos cuartos, polo que "conseguir la consistencia a lo largo de los 40 minutos" é un dos obxectivos que expón o club verde, que terá un reto "mayúsculo" na visita ao segundo clasificado.
Pero Lino Vázquez móstrase optimista co equipo e destaca o "bloque" que forma o persoal esta tempada. "Unas veces aparecen un par de jugadoras, otras veces otras... Como fue el caso del encuentro ante el Melilla, el juego de equipo fue muy importante", asegura Vázquez.
Relacionadas:
-
O Arxil perde o liderado e a imbatibilidade na súa visita a Almería (65-45)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil segue ao seu e supera o Melilla (66-60)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Dunja Buzadzin marca o ritmo do invicto Arxil
Por Diego Espiño |
-
O Arxil supera o León e segue imparable (44-66)
Por Redacción |
-
O Arxil non cede e segue invicto á conta do Barakaldo (63-54)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arxil afiánzase no liderado tras levar o derbi contra o Cortegada (60-67)
Por Redacción |