Álvaro Preciado salva o Cisne sobre a bucina no derbi contra o Novás (25-26)
Por Almu Dapena
O Club Cisne Balonmán salvou, grazas a un gol de Álvaro Preciado sobre a bucina, un importante triunfo no derbi contra o Atlético Novás.
Os de Jabato, que parecía que encarrilaran o partido cos bos minutos realizados ao comezo, afrouxaron tras o intermedio e viron perigar a vitoria, pero cun gran Villamarín baixo paus e con Bruno Vázquez (sete goles) e Preciado (cinco goles) moi activos en ataque, salvaron dous puntos vitais neste inicio da segunda volta da División Honra Prata.
Saíu como unha apisoadora o Club Cisne Balonmán, con Villamarín freando as chegadas do Novás e con Preciado e Das Neves enchufando os seus lanzamentos para colocar aos brancos cun parcial de 0-3. Reaccionaron os locais aínda que con dificultades, anotando o seu primeiro tanto cando se cumpría o minuto tres de xogo a pesar da boa defensa realizada por Cisne, que se pechaba como un muro para impedir os ataques do rival.
Quedou en inferioridade numérica Novás pola exclusión de Eloy Krook e Das Neves fixo o propio para aproveitar a superioridade, pero co que non contaban os visitantes era con que o colexiado excluíse ao portugués e se igualasen os efectivos na cancha.
Independientemente diso, estaba a ser moito mellor o conxunto pontevedrés, moi cómodo en defensa e complicando cada vez máis a un Novás que se vía obrigado a parar o tempo aos 10 minutos de xogo cando o marcador mostraba un 3-8.
Os locais buscaban un xogo rápido que os estaba condenando cada vez máis, incapaces de atravesar a muralla branca. Mentres, o Cisne tomábase o seu tempo en ataque, permitíndose cometer pequenos erros que se vían reflectidos nun resultado que pouco se moveu (9-14).
Pero nos últimos 5 minutos do primeiro acto cambiou a defensa o Novás, dando coa tecla para verse con opcións de meterse de novo nun partido que se lles complicou. Así, cun bo parcial, os do Rosal reduciron distancias no luminoso para chegar ao descanso nun 13-16, que deixaba todo por decidir na segunda metade.
A defensa 5-1 con Pau Ferrer adiantado estaba a facer dano ao Cisne, que se empezaba a ver contra as cordas ao estrelar contra o gardameta os dous primeiros lanzamentos tras o paso polos vestiarios. Fixo o contrario o Novás, que transformou, por mediación de Guille Rial, un parcial de 2-0 para colocarse a tan só un gol do empate (15-16).
Pero estaba Álvaro Preciado para sacar as castañas do lume ao conxunto branco. O xogador con máis recursos en ataque ata o momento conseguía frear a seca goleadora do seu equipo aos catro de xogo, que lonxe de atoparse coa confianza dos primeiros instantes do primeiro acto, víase condenado por erros non forzados que complicaban un posible triunfo.
Parou o tempo Senovilla no minuto oito (16-19), dando coa tecla para que o seu equipo seguise cun o seu bo facer. Mentres, o Cisne salvábase grazas a Villamarín, que estaba a ser determinante en defensa pero que se mostraba moi impreciso en ataque.
Jabato pediu tempo morto cando se alcanzaba o cuarto de hora de xogo ao ver que o seu equipo flojeaba por momentos (19-20), e é que se chegaba aos instantes decisivos e era o Novás o que tiña máis confianza no seu xogo.
Errou para portería o conxunto branco e os do Rosal igualaron o duelo por primeira vez, deixando tocado a un Cisne que optaba por unha defensa 5-1 con Mateo Arias que tentaba roubar adiantado (20-20).
Entre Virulegio e Das Neves devolveron un pequeno colchón de dous tantos aos de Pontevedra que moi pouco durou, e é que o Novás xa sabía como quitar as teas de araña da portería visitante con lanzamentos exteriores imparables.
Na remontada local tamén estaba a ser determinante o gardameta, e é que tras o erro en ataque cisneísta tiveron nas súas mans a bala para colocarse por diante. Cometeron falta en ataque e o Cisne respondeu perdendo o control, incapaz de resarcirse do desaxuste defensivo do Novás.
Coa opción de novo de dar a volta ao luminoso, os do Rosal topáronse con Villamarín, o gran salvador do Cisne (min. 25, 24-24). Pedía calma o gardameta, pero os seus compeñeros, a pesar de tomarse o seu tempo en cada ataque, mostrábanse cada vez máis nerviosos e imprecisos, sobre todo coas continuas advertencias de pasivo por parte do colexiado que obrigaban a buscar lanzamentos complicados.
Chegados aos dous últimos minutos anotou Bruno Vázquez para o Cisne, parou o cronómetro Senovilla, e Petter igualou para o Novás, dando paso aos últimos 25 segundos.
Jabato fixo o propio, buscando aproveitar o último e vital ataque do seu equipo para conseguir unha nova vitoria e xogouna, como non, Preciado case sobre a bucina, transformando o seu lanzamento e facendo perder os nervios ao conxunto local, condenado por unha falta en ataque no último suspiro con morreuna o encontro (25-26).
Relacionadas:
-
O Cisne brilla na segunda metade e tumba o Zamora (35-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne impón o seu poderío sobre o Amenabar Zarautz para ser máis líder (34-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne dálle a baixa ao pivote Lysak Yevhen
Por Redacción |
-
O Torneo 4 Nacións, un reto de inicio de ano para os cisneístas Carlos Álvarez e Pablo González
Por Redacción |
-
A segunda volta comeza para o Cisne con derbi no Rosal
Por Redacción |
-
Remontada do Cisne sobre o Burgos para finalizar líder a primeira volta (30-31)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne imponse ao Soria cunha memorable primeira metade (37-21)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Alcobendas rompe 'in extremis' e con polémica coa imbatibilidade do Cisne (31-30)
Por Almu Dapena |
-
Sufrida vitoria do Cisne na cancha do Zamora (28-31)
Por Almu Dapena |