Salcedo recupera a Carreira Pedestre de San Brais
Por Diego Espiño
Tras varios anos de ausencia (a súa última edición celebrouse en 2017) Salcedo recupera a tradición de empezar o ano facendo deporte cun dos primeiros eventos populares do calendario deportivo local, a Carreira Pedestre de San Brais.
A Asociacion Veciñal Salcedo Norte anunciou a que é xa a décima edición do evento e que se celebrará o vindeiro domingo 30 de xaneiro.
O Centro Comercial de Carrefour será saída e meta dunha carreira que comezará ás 11.30 horas coas carreiras de menores no interior do aparcadoiro do recinto comercial.
Pola súa banda ás 12.30 horas disputarase a proba absoluta cun circuíto de 6.500 metros que discorrerá entre asfalto e terra pasando por diferentes puntos da parroquia.
As inscricións, de balde, poden formalizarse ata o día 26 de xaneiro na páxina web www.championchipnorte.com.