Arlet Ortiz e Iván García, do Mat's de Marín, revalidan o seu título de campións de España
Por Redacción
Os taekwondistas do Mat's de Marín Arlet Ortiz e Iván García revalidaron o título de campións de España en La Nucia. Os deportistas do ximnasio marinense foron, xunto a Tania Castiñeira, os máis destacados de la expedición galega, que acadou no campionato de España de Combate, tres ouros, dúas pratas e seis bronces.
Na categoría de menos de 57 quiilos, Arlet Ortiz firmou un campionato magnífico. Venceu en catro combates e de forma rotunda, para así revalidar o título de campioa de España. A primeira rival foi Arene Rementeria (Cantabria) e gañou por 9-3, para a continuación enfrontarse a Ester Asensio (Cataluña) e lograr unha segunda vitoria cómoda (9-1). A medida que avanzaba o torneo, crecía Arlet en confianza e así superou na semifinal a Lucía Sánchez (Castela a Mancha) por 12-0 e na final a María Jiménez (Andalucía) por 19-0.
Iván García, en categoría de 87 quilos, tamén logrou o título de campión de España por cuarto ano consecutivo, nun torneo no que o galego foi tremendamente superior. Na primeira rolda superou ao taekwondista de Aragón, Daniel Murillo por un rotundo 19-0. Na semifinal enfrontouse a outro vello coñecido, Genis Gisbert (Cataluña), que fora o seu rival na final do pasado ano, e novo triunfo inapelable (18-1) e na final loitou contra Julian Pérez (Andalucía). Iván rematou o torneo cunha cómoda vitoria (13-5).
Relacionadas:
-
Arlet Ortiz conquista o ouro no Open de Luxemburgo
Por Redacción |
-
Sergio Troitiño colga o bronce no Europeo Júnior de taekwondo
Por Redacción |
-
Club Número Phi, un exemplo para o taekwondo comarcal en pouco máis dun ano de vida
Por Redacción |
-
Iván García e Sergio Troitiño, medallistas no Open de Holanda de taekwondo
Por Redacción |