Xornada familiar e solidaria en Seixo coa XI Carreira do Truco en honra a San Blas
Por Redacción & Cristina Saiz
Seixo viviu durante a matinal deste domingo unha xornada familiar e chea de deporte coa XI edición da Carreira do Truco.
Con motivo da tradicional romaría de San Blas, a Asociación de Comerciantes e Empresarios Marín Sur (Acemas), celebraron esta nova edición na que se reuniron tanto nenos como adultos amantes do atletismo e das andainas para honrar a festividade do santo e desfrutar dun día soleado en boa compañía.
A xornada comezou ás 11:00 horas na Casa Cultural de Seixo coas carreiras dos máis pequenos; despois foi a quenda da andaina polos montes de Loira e subida ao Sobareiro, que comezou ás 11:25 e, finalmente, a quenda dos maiores chegou ás 11:45 horas, con saída desde o cruzamento do vial das praias ata Portocelo, finalizando o percorrido na Casa Cultural.
Como é habitual, a Carreira do Turco tivo o seu parte benéfica e é que a organización realizou a Operación Quilo de produtos non perecedoiros para doalos a Cáritas.