A Titan Desert, novo reto para Saleta Castro
Por Diego Espiño
Coma se chegar a participar no Iroman de Hawaii 2014 como profesional parecese pouco reto, a pontevedresa Saleta Castro deu un paso máis no seu espírito aventureiro confirmando a súa participación na próxima edición da Titan Desert MTB Marathon.
CONTENTISIMA!!! Confirmado En 2014 participare en la Titan Desert con @josefajram . #cumpliendosueños poco a poco todo llega. Gracias!!!
Saleta Castro (@Saletacastro) November 6, 2013
A proba en cuestión baséase na filosofía da Dakar trasladada ao ciclismo de montaña, cunha competición de seis etapas que transcorren polo deserto do Sahara, en Marrocos.
"O reto de conseguir o que poucos lograron no mundo. Enfrontarse ao deserto, á calor, á distancia, nas peores condicións imaxinables,". Así se vende a Titan Desert na súa páxina web oficial, unha definición que lonxe de amedrentar a Saleta o fai asumir a experiencia con máis ganas.
Saleta Castro: "Siempre me gustaron los raids de aventura"
A pontevedresa defende que "siempre me gustaron los raids de aventura", unha especialidade que probou por primeira vez no ano 2006. A partir dese momento a idea roldoulle a cabeza: "la Titan Desert siempre me llamó. En 2007 fui también a un raid de cuatro días en Brasil con unos amigos con 600 kilómetros en cuatro días".
Saleta Castro competirá na categoría de dúo mixto xunto a Josef Ajram, do 27 de abril ao 2 de maio, despois de lograr o apoio de patrocinadores.
Segundo explica a propia Saleta, este novo reto non a apartará da súa principal meta, o campionato do Mundo de triatlón de longa distancia, pero "las fechas cuadran muy bien".
A triatleta encóntrase estes días en Lanzarote afinando a súa posta a punto para o Ironman que se disputará na localidade mexicana de Cozumel o próximo 1 de decembro.
Relacionadas:
-
Saleta Castro afronta o seu primeiro Ironman do ano en Los Cabos
Por Diego Espiño |
-
Sétimo posto para Saleta Castro no Ironman de Cozumel
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro inicia o seu camiño a Hawaii cun quinto posto no Ironman de Wisconsin
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro márcase como meta o Ironman de Hawaii
Por Diego Espiño |