O Cisne recupera a inercia gañadora na pista do Villa de Aranda (28-29)
Por Redacción
Era un partido practicamente intranscendente, ao estar condenados o Club Cisne e o Villa de Aranda a pelexar por obxectivos diferentes na segunda fase da División de Honra Prata, pero serviulle ao equipo pontevedrés para recuperar a inercia gañadora tras o empate da pasada fin de semana.
Os de Jabato visitaban Aranda de Duero para recuperar unha das xornadas aprazadas no seu día pola covid, e saíron vitoriosos dun encontro moi igualado que non se decidiu ata os instantes finais (28-29) para consolidarse aínda máis no liderado da categoría con 27 puntos, 8 máis que o seu inmediato perseguidor.
O encontro comezou con alternativas no marcador pero cunha tremenda igualdade, cun Villa de Aranda que pelexa por agarrarse á liga e que pretendía apurar as súas escasas opcións de pasar o corte e meterse na fase polo ascenso, algo agora imposible.
Tras unha exclusión local Román e Preciado abrían por primeira vez unha renda de dous goles no electrónico no minuto 24, pero os locais reaccións cun parcial de 3-0 e o choque chegou con empate ao intermedio (14-14).
A tendencia mantívose tras o paso por vestiarios. Álvaro Preciado puxo no primeiro ataque en vantaxe o Cisne, reaccionando de novo o Villa de Aranda con outro parcial favorable que lles facía tomar a iniciativa (17-15).
O cadro pontevedrés non deixaba escaparse ao seu rival, que cun novo impulso chegaba ao ecuador do segundo tempo en vantaxe (23-21) obrigando a Jabato a parar o partido.
O tempo morto produciu efecto e o equipo reaccionou para primeiro empatar e despois completar un parcial de 0-4 (23-25) que fixo ao técnico local esgotar os seus tempos mortos.
Púxose por diante o Cisne e xa non cedeu o mando ata o final, aínda que os locais apertaron ata o minuto final, poñendo o 28-29 con 40 segundos por diante. Nese momento o líder tirou de oficio para cun ataque longo evitar a réplica e afogar o cronómetro ata o bucinazo final.
Relacionadas:
-
O Cisne apágase aos cinco minutos e cede ante o Burgos (33-36)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Ao Cisne apáganselle as luces na segunda metade e cae en Guadalaxara (31-29)
Por Diego Espiño |
-
Guadalaxara, penúltima parada do Cisne na primeira fase
Por Redacción |
-
O Cisne remonta e confórmase cun empate ante o Soria (34-34)
Por Almu Dapena |
-
'Match ball' para o Teucro e xornada intranscendente para o Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne recupera unha das súas xornadas perdidas visitando o Villa de Aranda
Por Redacción |
-
O Cisne deixa escapar a vitoria ante o Alcobendas (31-31)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O pivote Nicolás Samudio, reforzo do Cisne para o tramo final de tempada
Por Redacción |
-
O Cisne brilla na segunda metade e tumba o Zamora (35-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |