Momento decisivo para o TM Monte Porreiro, co inicio do play-off polo título masculino e de ascenso feminino
Por Redacción
Chega a hora da verdade para o Tenis de Mesa Monte Porreiro nas ligas nacionais, co inicio do play-off polo título de liga na Superdivisión Masculina e a fase polo ascenso á máxima categoría feminina.
No que respecta a os primeiros, o pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe será escenario este domingo 27 de febreiro (11.00 horas), da ida da primeira das eliminatorias, que medirá aos pontevedreses co Hortitec Alzira de Valencia.
Para poder gozar desde as bancadas deste evento, no que o Monte Porreiro preséntase sen presión pero coa ilusión de conseguir unha boa clasificación final para repetir presenza en Europa, fixouse unha entrada de 5 euros para o público, aínda que se repartirán invitacións no colexio do barrio pontevedrés e a quen o solicite previamente a tenis_mesa@monteporreiro.org.
En canto ao equipo feminino, o seu complicado camiño cara ao ascenso en División de Honra comezará en Madrid, ata onde se desprazará para medirse ao Hortaleza TM.
Varias das xogadoras do Monte Porreiro veñen de participar no Spain Master celebrado en San Cugat, no que Mariña García, Judith Cobas e Noelia Santiago non conseguiron pasar da fase de grupos, aínda que si destacaron no cadro de consolación enfrentrándose Noelia e Judith na final con triunfo para segunda.
Tamén dará comezo a fase pola permanencia que debe afrontar o filial masculino do Monte Porreiro na División de Honra, no seu caso medíndose ao Círculo Amistad de Tenerife.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro está a un paso da final polo ascenso á Superdivisión feminina
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro despídese do play-off polo título tras caer co Hortitec Alzira TT (4-2)
Por Almu Dapena |
-
Resultados dispares para o TM Monte Porreiro no play-off polo título masculino e de ascenso feminino
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Desvelado o camiño que lle espera ao TM Monte Porreiro no play-off polo título da Superdivisión
Por Diego Espiño |
-
Catro xogadoras do TM Monte Porreiro disputarán o Spain Master
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro asegura un ano máis a súa permanencia na Superdivisión Masculina
Por Redacción |