Zaragoza, parada do Poio Pescamar na busca da final a oito de Copa da Raíña
Por Redacción
Poio Pescamar e Sala Zaragoza verán as caras este domingo 27 de febreiro para disputar a eliminatoria de oitavos de final da Copa da Raíña que tivo que ser aprazada por un gromo de covid-19 no conxunto aragonés.
Será a partir das 12:00 horas no Pabellón Siglo XXI da capital maña e de aí sairá un dos participantes na final a oito na que xa se atopan Marín Futsal, MSC Torreblanca FS, Ourense CF Envialia, Pescados Rubén Burela, Atlético Navalcarnero e STV Roldán FS.
Para esta eliminatoria parte como favorito o Poio Pescamar, xa que o Sala Zaragoza encadea unha mala dinámica na liga ao gañar tan só cinco encontros dos 18 disputados fronte aos nove do cadro conserveiro, que os sitúan duodécimo e cuarto respectivamente.
De feito, as vermellas son favoritas ademais polo historial desta campaña, xa que ambos os dous conxuntos víronse as caras en liga o pasado 15 de xaneiro nun partido que se saldou con goleada para as de Manu Cossío por 5-1.
Para esta ocasión o técnico conserveiro poderá contar con Caridad e Lucía Paz en portería; Irene García, Martita, Julia Dupuy, Luisa Mayara, Ángela Guimarães, Ana Rivera, Agostina Chiesa, Luci Gómez, Dani Sousa e Anna Escribano. Tamén viaxa Jane Marques pero aínda non disputará minutos.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar cae nos penaltis co Sala Zaragoza e despídese da Copa da Raíña (3-2)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar xogarase o pase a cuartos de final da Copa o domingo de Carnaval
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar dáse un festín para estrear o ano con vitoria sobre o Sala Zaragoza (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Aprazado o partido de 1/8 de Copa do Poio Pescamar polo gromo de covid do seu rival, o Sala Zaragoza
Por Redacción |