Polémica polas entradas do Coruxo-Pontevedra
Por Diego Espiño
A decisión do Coruxo de fixar en 20 euros o prezo da entrada para o público adulto (10 euros os menores de 15 anos) para o derbi provincial que lle enfrontará o vindeiro domingo 20 (18.00 horas) ao Pontevedra Club de Fútbol no Estadio do Vao non caeu nada ben na afección granate.
Os seguidores do Pontevedra quéixanse amargamente dos 5 euros 'extra' no custo do billete conforme ao que se foi cobrando ao longo da tempada entre os diferentes equipos galegos presentes na Segunda RFEF, e de feito moitos deles afirmaron a través das redes sociais, contestando á publicación do propio Coruxo, que desistirán da idea de viaxar a Vigo para ver o partido e apoiar ao seu equipo.
Prezos @CoruxoFCoficial @PontevedraCFSAD
— Coruxo FC (@CoruxoFCoficial) March 15, 2022
Público xeral 20 €
Menores de 15 anos 10 €
Domingo 20-3-2022 18:00 h.O Vao
#DerbiDasPasions pic.twitter.com/FYPMDsOEdh
A este respecto, no que será o primeiro partido do Coruxo esta tempada no Vao, o presidente do club vigués, Gonzalo Falque, sinalou no programa provincial de Deportes Cope que cunha capacidade total de 1.200 entradas para o choque "cremos que un máximo de 125 ou 130 poderiamos dispoñelas para a afección do Pontevedra".
Falque explicou que será necesario realizar unha reserva previa de entrada poñéndose en contacto co club defendendo que se trata ademais dun prezo "que acordamos en xunta directiva", e apuntillando que "creo que os afeccionados do Coruxo que foron ao campo do Pontevedra nunca pagaron menos de 20 euros e o partido é o mesmo".
Esta última afirmación é facilmente desmontable, xa que os prezos para o derbi da primeira volta en Pasarón foron de 15 euros a entrada para os fondos e a bancada de Preferencia e de 25 euros só na de Tribuna.
Relacionadas:
-
Empate con sabor a derrota do Pontevedra na reinauguración do Vao (2-2)
Por Manu Otero |
-
"Estamos nun momento moi fodido da economía como para que na Segunda RFEF haxa prezos tan elevados"
Por Diego Espiño |
-
Antiviolencia propón unha multa de 100 euros ao Pontevedra tras exhibirse unha bengala en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Vao, aliado para o Pontevedra ante a ameaza do renacido Coruxo dos irmáns Montes
Por Diego Espiño |
-
Un momento clave da tempada, pero mirando "partido a partido"
Por Diego Espiño |
-
Vitoria e portería a cero con dedicatoria especial para Borja, socio granate de 31 anos falecido esta semana
Por Almu Dapena & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Goleada balsámica do Pontevedra fronte á Gimnástica Segoviana (3-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |