Un Campionato de Europa de Loita ilusionante para Lydia Pérez
Por Diego Espiño
A capital húngara, Budapest, acolle a primeira gran cita da tempada internacional de loitas olímpicas, cun Campionato de Europa na que ten depositadas grandes esperanzas Lydia Pérez Touriño.
A deportista pontevedresa chega á cita "con ganas de medirme y saber en qué nivel estoy con respecto al resto de chicas en Europa en mi peso", recoñecía recentemente a PontevedraViva.
No Europeo a competición estará condicionada pola ausencia de loitadores ucraínos, rusos e bielorrusos, que son neste deporte "son tres potencias en Europa increíbles y se va a notar un montón", sinalaba a representante do Club de Loita Pontevedra, por iso "todo va a depender del sorteo", avanzaba.
Nese sorteo Lydia Pérez quedou encadrada en primeira rolda coa turca Yagmur Cakmak, dentro dunha competición no peso de 62 quilos fixada para este xoves 31 de marzo.
no caso de superar esa primeira rolda, en cuartos de final espéralle a búlgara Taybe Mustafa Yusein.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez cae na rolda de clasificación do Europeo tras un apertado combate
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez, cos Xogos Olímpicos entre cella e cella: "O único camiño é persistir. Se non é en París será en Los Ángeles"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O torneo Dan Kolov en Bulgaria, primeiro reto internacional do ano para Lydia Pérez
Por Redacción |