Último adeus a Cholo, histórico capitán do Pontevedra do Hai que Roelo
Por Manu Otero & Mónica Patxot
A Real Basílica de Santa María a Maior acolleu a última hora desta tarde de luns un funeral en memoria de Eduardo Dapena Lis, Cholo. O histórico capitán do Pontevedra da época do Hai que Roelo e presidente de honra da entidade de Pasarón faleceu o pasado 27 de marzo aos 88 anos de idade.
A noticia da perda de Cholo provocou unha interminable catarata de reaccións e homenaxes cara á figura do emblemático futbolista pontevedrés. No propio estadio, o día do seu falecemento, gardouse un minuto de silencio e, ao finalizar o encontro, a presidenta Lupe Murillo compareceu diante dos medios visiblemente emocionada para enxalzar o seu nome.
Personalidades relacionadas co deporte, coa política e coa vida social tanto a nivel local como autonómico choraron tamén a perda Eduardo Dapena.
O agarimo que Pontevedra conserva cara a un dos seus futbolistas máis destacados quedou patente esta tarde coa elevada afluencia de persoas que acudiron ás 20 horas a despedirse por última vez de Cholo e arroupar á súa familia nestes momentos tan duros.
Co cartel de aforo completo na entrada do templo, non faltaron a cita compañeiros do Hai que Roelo de Cholo como Calleja, Martin Esperanza, Roldán I e Roldán II ou José Jorge. Alí estaban tamén xogadores doutras épocas como Tuto, Castro Santos, Luís Rivas, Juan Fermín, Churruca y Milucho, así como actuais membros do club como os futbolistas Charles e Churre, o director deportivo Toni Otero, o director xeral Marcos del Río, os directivos Roberto Feáns e Ricardo Tilve e a presidenta Lupe Murillo, entre moitos outros rostros coñecidos na cidade, amigos como Manolo Barreiro, Seve Penelas e Manolín, ademáis de familiares de Eduardo Dapena Lis.
Relacionadas:
-
Falece Neme, lenda do 'Hai que roelo' e único internacional español absoluto na historia do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Falece Gerardo Dios, último representante da fundación do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O espírito de Cholo descansa para sempre no seu querido Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Santa María acollerá o vindeiro luns 4 de abril un funeral na memoria de Cholo
Por Redacción |
-
Pontevedra chora a perda de Cholo: "Todos nos sentimos orgullosos del"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Loito no Pontevedra CF: Falece Cholo, eterno capitán e símbolo do Hai que Roelo
Por Diego Espiño |