Con 16 anos, Rubén Fernández, de Xadrez Pontevedra, obtén a medalla de bronce no Campionato Galego Absoluto
Por Redacción
A Escola Xadrez Pontevedra está de parabén ao obter bos resultados nos Campionatos Galegos Absoluto e Sub 16 Semana Santa da Xunta de Galicia, organizados pola Federación Galega de Xadrez e disputado en Padrón durante catro días.
Un dos integrantes do equipo pontevedrés, Rubén Fernández López, lograba a medalla de bronce na categoría absoluta con tan só 16 anos de idade. Un éxito que confirma a evolución deste deportista durante esta tempada. Ao longo dos últimos meses gañou o campionato provincial Absoluto; converteuse en campión galego sub 18 cun pleno de vitorias; e tamén logrou o título de Mestre FIDE, título que concede a Federación Internacional de Xadrez unha vez que se supera a puntuación de 2.300. O xadrecista completará no verán a súa traxectoria coa participación nos campionatos nacionais e en competicións internacionais.
Xadrez Pontevedra tamén destaca a participación doutros dous mozos que participaron no Campionato Absoluto. Juan Manuel Martínez Montes lograba o posto 20 con cinco puntos e Luís Alonso situábase no 27, con 4,5 puntos. Ademais, Rodrigo González conseguía catro puntos en seis partidas e Juan Bahamonde obtiña tres puntos como reflicte a clasificación.
No campionato Sub 16, Miguel Alonso foi o mellor da escola pontevedresa ao alcanzar o posto 18 con 4,5 puntos; mentres que Javier Caudet conseguía 4 puntos; Xabier Borrajo, 3,5; e Carmen Portela, 3 puntos.
Relacionadas:
-
O Torneo Internacional Ramón Escudeiro Tilve de xadrez retoma a súa versión presencial en Ciencias da Educación
Por Redacción |
-
O ucraíno Galperin imponse no X Internacional Ciudad de Pontevedra de xadrez
Por Redacción |
-
A Escola Xadrez Pontevedra presume de subcampión nacional absoluto
Por Redacción |
-
O prometedor xadrecista da Escola Xadrez, Rubén Fernández, asina un dobrete nos nacionais sub 16
Por Redacción |