Recepción provincial a deportistas do Club Galaico Sincro
Por Redacción
O Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acolleu este martes unha recepción ao Club Galaico Sincro tras a recente participación de deportistas do club nos campionatos de España de inverno de natación artística das categorías alevín, infantil e júnior.
Ademais de varias deportistas acudiron á cita o presidente do club, José Maquieira, as adestradoras María Jesús Refojo e Diana Fernández e varios familiares.
A deputada provincial Ana Laura Iglesias destacou a participación na categoría alevín de Clara Maquieira, Carolina Pazos e Iván González, cuxa presenza asegura pon de manifesto que "este é un deporte inclusivo e non só de mulleres". Tamén se referiu a Daniela Suárez, en idade infantil, incluída no plan de tecnificación da Federación Española co obxectivo de competir no Europeo e o Mundial da súa categoría no que "vai facer un grandísimo papel".
Ademais o Galaico Sincro participou no Campionato de España na categoría júnior con María Maquieira, Uxía Saavedra e Juan David Hernández.
Relacionadas:
-
A pontevedresa Daniela Suárez, subcampioa do mundo en natación artística
Por Redacción |
-
Daniela Suárez, a por todas no Mundial de natación artística infantil en Estados Unidos
Por Redacción |
-
Daniela Suárez estrea o seu palmarés internacional no Europeo de Natación Artística
Por Redacción |
-
Daniela Suárez, do Galaico Sincro, convocada pola Selección Española Infantil
Por Redacción |
-
O Galaico Sincro presume de dobre medalla no Campionato de España Alevín
Por Redacción |
-
O referente pontevedrés da natación sincronizada masculina en Galicia
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Competir no Campionato de España de Natación Artística, un oasis para o Galaico Sincro
Por Redacción |
-
Unha 'master class' con sabor a ouro olímpico
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A pontevedresa Daniela Suárez, co equipo nacional infantil de natación artística
Por Redacción |
-
Derrubando tabús coa natación artística masculina
Por Redacción |