A Bandeira de Bueu concede prazas para o Campionato Galego de Traineriñas
Por Redacción
O peirao de Bueu acollerá esta fin de semana a VII Bandeira de Traineriñas Concello de Bueu, organizada polo Club do Mar de Bueu-Teccarsa e o propio Concello.
Esta actividade celebrarase o sábado a partir das 17.30 horas coas probas clasificatorias, mentres que o domingo ás 11.30 horas disputaranse as finais.
Terá o formato de regata en liña, en quendas lanzadas na mesma categoría, cun minuto de intervalo, e con cinco minutos entre as distintas categorías, tal e como destacaron na rolda de prensa celebrada este xoves Ricardo Verde, concelleiro de deportes, Javier Pazos, e Alberto Chapela, membros da directiva do club organizador.
No campionato participarán traiñeiriñas das categorías xuvenil masculino, xuvenil feminino, absoluto masculino e absoluto feminino. A organización agarda a participación de diversas embarcacións dos clubes da Zona Territorial Sur, concretamente do C.R. Chapela, S.D. Samertolameu, C.R. Meira, C.R. Vila de Cangas, Amegrove C.R., C.R. Mecos, C.C.D. Cesantes, S.D. Tirán, C.R. Robaleira e Club do Mar Bueu - Teccarsa.
O percorrido consta de 3500 metros e irá dende o peirao de Bueu cara a praia de Portomaior.
Tal e como se establece no regulamento, as traiñeiriñas gañadoras na categorías faranse cunha bandeira conmemorativa da proba e clasificaranse para o campionato galego.
Relacionadas:
-
Bueu acolle este sábado a oitava edición da súa bandeira de traineriñas
Por Redacción |
-
Un sábado de bateis en Bueu
Por Redacción |
-
As mellores traiñeiras de España reúnense en Bueu durante un día
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
A segunda Bandeira de Bueu reúne as mellores traiñeiras de España
Por Redacción |