Elxe acollerá a fase final do Campionato de España para o equipo cadete do Cisne
Por Redacción
O equipo cadete do Cisne colocouse por méritos propios entre os oitos mellores do país, tras lograr a clasificación no sector nacional celebrado en Pontevedra para a fase final do Campionato de España.
Aínda que habitual nos últimos anos nestas citas, a fazaña non deixa de ser sobresaliente, co soño de emular o conseguido en 2021 polo equipo xuvenil que conseguiu o ouro nacional.
Co obxectivo máis que cumprido, Elxe será agora o destino dos cadetes do Cisne nunha fase final que se xogará entre os días 8 e 12 de xuño.
Os pontevedreses quedaron encadrados no Grupo I do torneo xunto ao FC Barcelona, BM Pereda e BM Alcobendas.
Pola súa banda no Grupo II competirán o FC Barcelona B, Elche, Balonmán Bahía de Almería e CD Iplacea.
Os dous primeiros clasificados de cada grupo ao termo da primeira fase pasarán a xogar as semifinais do Campionato de España.
#CDECadeteBM - Masculino
— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) May 30, 2022
Elche (@ajuntamentelx)
8-12 Junio
Grupo @FCBhandbol ‘A’@bmpereda @bmalcobendas@ClubCisneBalonm
Grupo @FCBhandbol ‘B’ @cbm_elche @bmbahiadalmeria @CDIplacea #Balonmano pic.twitter.com/UqXryG2RET
Relacionadas:
-
'Operación Quilómetro' no Cisne para custear a viaxe do seu equipo cadete á fase final do Campionato de España
Por Diego Espiño |
-
Pleno de vitorias para os cadetes do Cisne, que conseguen o billete para a Fase Final do Nacional
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O sector do Campionato de España Cadete, unha nova oportunidade de brillar para a canteira do Cisne
Por Redacción |