Iván García, preparado para dar o salto aos Grand Prix de Taekwondo e medirse aos mellores do mundo
Por Diego Espiño
Os seus últimos resultados, culminados coa medalla de prata no Campionato de Europa Absoluto de Taekwondo celebrado en Manchester, terminaron de colocar a Iván García nos primeiros postos do ranking que marca a clasificación olímpica.
Con todo, o deportista do Mat's de Marín quere máis, e tras unhas breves vacacións pensa xa nos retos que chegarán tras o verán co seu salto ás probas do Grand Prix, as que outorgan un maior número de puntos internacionais e que poden terminar de darlle o empuxón cara á elite.
"Agora mesmo imos dar o salto aos Grand Prix, que ao final somos os 32 mellores do mundo e aí é onde imos medirnos con xente de todas partes. O nivel é un pouquiño máis esixente incluso", explicou o taekwondista este venres nunha recepción oficial na Deputación de Pontevedra tras a súa prata europea, e na que foi recibido polo deputado de Deportes, Gorka Gómez.
Iván, que recoñeceu que este resultado énchelle de confianza para os novos obxectivos, ten previsto tamén competir no Campionato do Mundo que terá lugar o próximo mes de novembro en Guadalaxara, México.
Relacionadas:
-
O Grand Prix de Mánchester resísteselle a Iván García
Por Redacción |
-
O Grand Prix de Mánchester, oportunidade para Iván García de achegarse a París 2024
Por Redacción |
-
O marinense Iván García cólgase o bronce no Grand Prix de París
Por Redacción |
-
Iván García, un marinense convencido de poder chegar aos Xogos: "Vai estar na miña man"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra celebra a festa do taekwondo co Open Cidade do Lérez
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Sergio Troitiño triunfa en Bulgaria nos Multieuropean Games
Por Redacción |
-
Iván García proclámase subcampión de Europa de taekwondo en Manchester
Por Redacción |
-
Medalla de ouro para Iván García no Open de España de taekwondo
Por Redacción |
-
Iván García e Arlet Ortiz seguen coa súa xira internacional sumando dúas medallas de prata en Bélxica
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Iván García vence en Bulgaria o subcampión dos Xogos de Tokyo e sobe ao posto 16 do ranking olímpico
Por Redacción |