O Grand Prix de Mánchester resísteselle a Iván García
Por Redacción
Iván García acudía a pasada fin de semana a Inglaterra co obxectivo de seguir dando pasos cara aos Xogos Olímpicos no Grand Prix de Mánchester de Taekwondo, pero non puido gozar da súa competición desexada.
O deportista do Mat's de Marín acudía á cita, á que só acceden por rigoroso ranking os 32 mellores clasificados de cada peso, tras conseguir o bronce no evento celebrado en París en setembro.
Con todo nesta ocasión despediuse do torneo en primeira rolda ao ceder nun apertado combate fronte ao coreano Yeon ho Kang por 2-1.
Pese ao resultado Iván García ocupa actualmente no noveno posto do ranking olímpico da categoría de +80 quilos, mantendo as súas opcións intactas de clasificarse para París 2024.
No seu camiño cara aos Xogos aparecen como citas importantes antes de final de añola gran final do Grand Prix en Arabia Saudita (9-10 de decembro) e o Campionato do Mundo de Guadalaxara (México), na que se poñerán importantes puntos en xogo.
Relacionadas:
-
O Mat's de Marín triunfa no campionato galego de taekwondo
Por Redacción |
-
A Deputación celebra os éxitos de Iván García e Sergio Troitiño
Por Almu Dapena |
-
Iván García, disparado ata o segundo posto do ranking olímpico tras a súa prata mundialista: "É unha pasada"
Por Diego Espiño |
-
Baño de prata para Iván García no mundial de taekwondo
Por Manu Otero |
-
O Grand Prix de Mánchester, oportunidade para Iván García de achegarse a París 2024
Por Redacción |
-
Iván García, un marinense convencido de poder chegar aos Xogos: "Vai estar na miña man"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván García, preparado para dar o salto aos Grand Prix de Taekwondo e medirse aos mellores do mundo
Por Diego Espiño |