Dani Sousa renova por un Poio Pescamar que di adeus a Ana Rivera
Por Diego Espiño
Movemento importante no Poio Pescamar, que atou a continuidade dunha das súas pezas clave nas últimas campañas, a brasileira Dani Sousa.
A pivote brasileira renovou por unha tempada e cumprirá o seu cuarto curso completo na Seca, quinto se se conta o tramo final da 18/19, cando foi fichada polo cadro conserveiro.
Na liga recentemente finalizada, con 20 tantos, foi a máxima realizadora do Poio Pescamar e a oitava de toda a competición.
"Por todo isto e o seu traballo no día a día, aquilo que non sae nas estatísticas, o club non dubidou na súa continuidade", asegura a entidade vermella.
Con Dani Sousa pasan a ser nove as xogadoras confirmadas para o próximo proxecto do Poio Pescamar xunto a Anna Escribano, ás tamén renovadas Irene García e Luci Gómez e ás fichadas Marta Peñalver, Rocío Gómez, Sandra Buzón, Elena Aragón, Laura Uña e Elena González.
A que non continuará na Seca é outra das xogadoras importantes os últimos anos, como é Ana Rivera. A de Verín non seguirá no club despois de tres tempadas e de deixar "unha pegada indeleble polo seu compromiso, tanto sobre a pista como fóra dela", recoñece o Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar inicia a pretempada pendente de pechar os seus últimos reforzos
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar, 25 anos de aposta polo fútbol sala feminino: "Lo que se está consiguiendo es increíble"
Por Almu Dapena |
-
Martita sela a súa continuidade unha tempora máis no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Marta Peñalver convértese na sexta fichaxe do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Irene García renova e convértese na sétima peza confirmada do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Luci Gómez renova co Poio Pescamar e Gaby despídese do Marín FS
Por Redacción |
-
Luis López-Tulla: "Esperamos estar ahí arriba, tenemos una plantilla muy compensada"
Por Almu Dapena |
-
Rocío Gómez é a quinta incorporación do Poio Pescamar
Por Redacción |