A VII Festa do Atletismo Galego volverá ao CGTD este mércores
Por Redacción
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra será sede o vindeiro mércores 13 de xullo da VII Festa do Atletismo Galego.
O evento incluirá as probas de 200 metros valos, 150 metros lisos, lanzamento de martelo de 3 kilos, 1.000 metros, 1.500 metros obstáculos, 300 metros, salto de lonxitude, 600 metros e 4x200, en categorías masculina, feminina e mixta, absoluta, cadete e sub-16.
A competición dará comezo ás 18:45 horas e desenvolverase ata as 20:55 horas con premios para os gañadores de cada proba.
Haberá un límite de inscritos para as probas de lanzamento de martelo e no salto de lonxitude, nas que participarán un máximo de 16 atletas.
Ademais, excepcionalmente, os equipos de remudas poderán estar integrados por atletas de diferentes clubs e deberá haber dous homes e dúas mulleres. A composición das remudas deberán ser enviadas ao correo do Club Atletismo Rías Baixas.
Por último, os avisos de baixas, en caso de facer a inscripción e non poder acudir, poderán notificarse ata o luns 11 ás 18:00 horas no e-mail do club.
A cita está organizada polo Club Atletismo Rías Baixas en colaboración coa Concellería de Deportes, a Federación Galega de Atletismo e as firmas Dibay Eventos e Grupo Jim Sports.
Relacionadas:
-
Festa multitudinaria nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
29 de xullo, data para unha nova edición da carreira +10 Manuel Rosales
Por Redacción |
-
Un inicio de ano con festa para o atletismo no CGTD
Por Redacción |
-
A Festa do Atletismo Galego sobe de nivel na súa sexta edición
Por Diego Espiño |