O Trofeo Virxe Peregrina, última parada do Circuíto de Atletismo en Pista 2022
Por Redacción
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva pechará o vindeiro sábado 16 de xullo unha nova edición do Circuito de Atletismo en Pista organizado pola Sociedade Ximnástica.
Será co XLVI Trofeo Virxe Peregrina, competición incluída no calendario nacional e que contará cunha importante participación.
O trofeo foi presentado este mércores no Concello nun acto no que participaron o adestrador e coordinador deportivo da Gimnástica, Santi Ferrer, e o edil de Deportes, Tino Fernández, quen asegurou que a celebración deste iorxe Peregrina "xa é un clásico dentro da programación deportiva do verán de Pontevedra, que ten un prestixio alcanzado co esforzo dos anos, tanto a nivel de organización como de participantes".
Santi Ferrer explicou pola súa banda a competición dará comezo ás 18:10 horas con probas de categorías inferiores e "a partir das 18:30 horas xa comezarían as probas de atletas absolutos".
A celebración do XLVI Trofeo Virxe Peregrina servirá tamén para render tributo a Santiago Ferrer pai, que en 2022 cumpre 50 anos na Sociedad Gimnástica.