Peche ao grande do Circuito de Atletismo en Pista co XLVI Trofeo Virxe Peregrina
Por Redacción
O atletismo nacional e internacional regresou ás pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra co XLVI Trofeo Virxe Peregrina organizado pola Sociedad Gimnástica.
A competición, que pechou o Circuito de Atletismo en Pista 2022, trouxo a case 300 atletas á cidade do Lérez para gozar dunha xornada chea de deporte na que o bo tempo acompañou.
Os mellores das cinco probas foron Pol Oriach (Nike Running) e Carla Gallardo (Independente) nas probas de 800ml con 1080 puntos e 5000ml con 1115 puntos, respectivamente.
Na proba de salto de lonxitude, pola súa banda, os mellores foron Juan Piñeiro (Vila de Cangas) e a atleta portuguesa Ana Rita Silva; mentres que nos lanzamentos fixéronse coas mellores marcas Ignacio Fernández en martelo (Playas de Jandía) e María Ezquerro (CA Sada) en disco. Estes dous últimos conseguiron os 926 e 781 puntos, respectivamente, en xornadas anteriores do Circuito.
Por último, ademais da entrega de premios en metálico ás mellores marcas de cada sector, se torgaron os cheques para gastar en material deportivo aos atletas de menores categorías.
Desta forma, o XLVIII Trofeo Boa Vila foi para Celia Couto (Atletismo Rías Baixas); o XLVI Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra, para Celia Álvarez (Sociedad Gimnástica de Pontevedra); o XLVIII Trofeo Boa Vila levoullo Celia Couto (Atletismo Rías Baixas); o XLVI Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra, para Celia Álvarez (Sociedad Gimnástica de Pontevedra); o XXVII Trofeo Cidade de Pontevedra, para Alejandro Villaverde (Sociedad Gimnástica de Pontevedra); e o XXIII Memorial Celso Mariño foi para Candela Fernández (Asociación Atlética Mazi).
Ao redor das 20:00 horas realizouse a homenaxe ao histórico da Sociedad Gimnástica polos seus 50 anos de dedicación ao club.
Acompañado de familia e amigos, Santiago Ferrer recibiu o galardón para celebrar toda unha vida como atleta, adestrador e membro da directiva.
Relacionadas:
-
Aberta a inscrición para participar nas escolas do Atletismo Rías Baixas
Por Redacción |
-
O Trofeo Virxe Peregrina, última parada do Circuíto de Atletismo en Pista 2022
Por Redacción |
-
Os irmáns Chamosa establecen un novo récord galego nos 10 quilómetros marcha
Por Redacción |
-
Obxectivo cumprido para os equipos da Gimnástica, que selan a permanencia en División de Honra e Primeira División
Por Almu Dapena |