O Piragüismo Verducido sobe ao podio no nacional de maratón
Por Redacción
O Campionato de España de Maratón celebrouse a pasada fin de semana en Zamora, localidade na que o que o piragüismo galego obtivo uns brillantes resultados. A Escola de Piragüismo Verducido finalizou en terceira posición despois de dous días de regatas con 281 puntos.
O equipo pontevedrés compartiu podio co Piragüismo Aranxuez, vencedor do campionato, e con Piragüismo Cuenca con 346 puntos.
Ademais, o venres, disputouse o campionato de España de Maratón Curto no que o podio por equipos resultou ser o mesmo que o domingo.
As distintas probas individuais deixaron varias medallas para os deportistas galegos. Moitos deles conseguiron a clasificación para disputar o próximo mundial da disciplina, na localidade portuguesa de Ponte Lima, previsto para finais do mes de setembro.
Así ben, a categoría sénior non defraudaría e nas probas individuais da mañá do sábado Manuel Garrido e Noa Conde en C1 proclamábanse campións de España.
En categoría Sub 23 o pontevedrés Jaime Duro venceu no C1, mentres que David Pazos e Anxo García do Piragüismo Verducido lograban o ouro e a prata en K1 xuvenil.
Para o domingo estaban previstas as finais de embarcacións dobres nas Joaquín Iglesias e Adrián Prada, do Piragüismo Verducido, foron terceiros.
Na modalidade de canoa os favoritos Tono Campos e Diego Romero lograron a vitoria por diante da dupla do Piragüismo As Torres de Fernando Busto e Diego Miguéns, o terceiro posto sería para os cangueses do Piragüismo Aranxuez Rubén Paz e Nicolás Barreiro.
Por último, a categoría xuvenil deixou outras dúas medallas de prata. En canoa, Samuel Ares xunto a Kevin Longo, do Piragüismo As Torres; e en kaiak, para David Pazos e Anxo García do Verducido.
Relacionadas:
-
Jaime Duro, campión do Mundo sub-23 de piragüismo maratón con Diego Piñeiro terceiro
Por Diego Espiño |
-
Diego Romero e Jaime Duro estréanse no Mundial de Maratón cun dobrete na canoa curta
Por Diego Espiño |
-
O Mundial de Ponte de Lima, reto para a armada pontevedresa de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Teresa Portela e Adrián Sieiro reman cara a París cargados de medallas
Por Manu Otero |
-
Antía Jácome e Adrián Sieiro, medalla de ouro no Europeo de Munich
Por Almu Dapena |
-
O Ciudad de Pontevedra gaña a XXVIII Baixada do Umia
Por Redacción |