Estrella Galicia súmase á lista de patrocinadores do Cisne tras o seu ascenso á Liga Asobal
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán asinou un importante acordo comercial con Estrella Galicia, que se incorpora como patrocinador oficial da entidade deportiva pontevedresa para as dúas próximas tempadas.
Deste xeito a presenza da marca de auga Cabreiroá será máis visible nas categorías inferiores do club como patrocinadora principal, mentres que Estrella Galicia contará con máis presenza en torno ao primeiro equipo, que gozará este curso por segunda vez da máxima categoría.
Serán en ambos os dous casos a auga e cervexa oficiais do club.
"Para o Club Cisne unir o seu nome ao dunha das empresas máis importantes de Galicia, non só pola súa transcendencia como marca de cervexa, senón como cabeza tractora da economía galega en todos os seus ámbitos e en especial no patrocinio deportivo, fainos sentirnos moi orgullosos", asegura o presidente cisneísta, Santiago Picallo.
"Non podemos máis nada que demostrar o noso agradecemento e agarimo para Hijos de Rivera, que pasa a ser un dos nosos patrocinadores referentes. Esperamos estar á altura do reto e facernos merecedores da vosa colaboración e apoio, que nesta tempada será fundamental, para seguir co noso proxecto deportivo, social e académico", sinalou o dirixente.
Relacionadas:
-
O Cisne, a por a terceira vitoria visitando a un Ademar León fráxil en defensa
Por Almu Dapena |
-
Álex Chan e Roney Franzini, os piares dun Cisne de doce
Por Diego Espiño |
-
O Cisne castiga o Sinfín na segunda metade (30-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne estréase na casa con vitoria sobre o Benidorm tras un duelo de infarto (31-28)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |