Un renovado Bádminton Ravachol cede pola mínima en Oviedo (4-3)
Por Redacción
O renovado Club Bádminton Ravachol empezou con mal pé a tempada en División de Honra, caendo pola mínima ante o Bádminton Oviedo no polideportivo de Tudela Agüeria, en Asturias.
Os puntos para o cadro pontevedrés chegaron da man do dobres feminino, con Georgina Bland e Alexandra Oprisan, que superaron a Kristina Sotomayor e Yulieth Pérez (10-11/10-11/8-11), e os dous individuais femininos, que disputaron Bland e Oprisan contra Laura Álvarez e Pérez (5-11/5-11/1-11), respectivamente.
Pola contra, non puido chegar a vitoria en dobres mixto, con Alejandro Nogueira e Ana Carbón (11-6/11-1/11-3); en dobres masculino, con Gabriel Fernández e Hugo Salgueiro (11-0/11-0/11-0); e os dous individuais masculinos, que disputaron Alejandro Nogueira (11-4/11-4/11-4) e Hugo Salgueiro (11-4/11-1/11-2).
Relacionadas:
-
A medalla máis celebrada polo Bádminton Ravachol Pontevedra
Por Redacción |
-
Un Bádminton Ravachol minguado polas baixas sofre ante La Orden (6-1)
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol supera o Benalmádena no CGTD tras un partido igualado (4-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Leo Van Gysel e Emilie Drouin poñen acento francés ao novo proxecto do Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Ravachol Pontevedra confirma seis renovacións e agarda dúas fichaxes estranxeiras
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol perde a Ania Setién e renova aos irmáns Gabriel e Jacobo Fernández
Por Redacción |
-
Renovación de "unha peza clave no equipo" do Bádminton Ravachol, a británica Georgina Bland
Por Redacción |
-
Manuel Brea, primeira pedra do novo proxecto do Bádminton Ravachol
Por Redacción |