O Bádminton Ravachol supera o Benalmádena no CGTD tras un partido igualado (4-3)
Por Redacción & Cristina Saiz
Partido igualado o vivido na matinal deste sábado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra entre o Bádminton Ravachol e o Benalmádena.
O encontro comezou cos dobres mixtos entre Manuel Brea e Elena Fernández contra Marc Cardona e Elena Lorenzo, gañando o conxunto malagueño por 3-11/11-7/7-11/6-11.
Javier Sánchez e Jacobo Fernández, no dobres masculino superaron por un claro 11-2/11-10/11-5 a Antonio Martín e Fojtasek, igualando desta forma o marcador global.
En dobres feminino, Ana Carbón e Georgina Bland non correron a mesma sorte que os seus compañeiros, e cederon por 7-11/10-11/9-11 ante Elena Lorenzo e Nikoline Laugesen.
A partir dese momento produciuse un punto de inflexión e o Ravachol deu a volta ao marcador por completo grazas ao bo facer nos partidos individuais. Empatou Georgina Bland, tras superar a Lucía Galvín (11-3/11-1/11-5), e Jacobo Fernández fixo o propio gañando a Marc Cardona (6-11/11-6/11-4/11-6).
Uniuse á festa Javier Sánchez, que gañou sen excesivos problemas a Antonio Martín para facer o 4-2 (11-7/11-1/11-5) que xa daba a vitoria aos de Pontevedra a falta dun duelo por disputarse.
Este foi entre Ana Carbón e Nikoline Laugesen, onde ambas as xogadoras deron un auténtico recital de xogo nun partido en grao sumo igualado no que a vitoria foi para o Benalmádena por 7-11/11-10/10-11/8-11, asinando o 4-3 co que concluíu a terceira xornada de División de Honra.
Relacionadas:
-
Manuel Brea, quince veces campión galego absoluto
Por Redacción |
-
A medalla máis celebrada polo Bádminton Ravachol Pontevedra
Por Redacción |
-
Un Bádminton Ravachol minguado polas baixas sofre ante La Orden (6-1)
Por Redacción |
-
Un renovado Bádminton Ravachol cede pola mínima en Oviedo (4-3)
Por Redacción |
-
O Ravachol Pontevedra confirma seis renovacións e agarda dúas fichaxes estranxeiras
Por Redacción |
-
Ana Carbón renova o seu compromiso co Bádminton Ravachol
Por Redacción |