Tono Campos faise co bronce no Mundial de Maratón
Por Almu Dapena
A cidade portuguesa de Ponche de Lima viviu este sábado a penúltima xornada do Campionato do Mundo do Piragüismo de Maratón, onde o pontevedrés Tono Campos sumou o seu 22 metal mundialista ao seu medalleiro particular cun bronce nun C-1 que gañou o tudense Manuel Garrido.
O padeeiro do Breogán do Grove, que se proclamou campión de Europa este ano, empezou a carreira moi ben colocado, pero un choque prexudicouno e quedou atrapado, véndose obrigado a remontar.
Mentres tanto, Manuel Garrido ocupaba os postos de cabeza e foise xunto ao húngaro Marton Kover poñendo terra polo medio fronte aos seus rivais.
Co paso dos quilómetros e as voltas a vantaxe do galego e o húngaro foi cada vez maior, chegando a ser de case un quilómetro fronte ao grupo que ía máis atrás e entre os que se atopaba Tono Campos.
Garrido chegou ao tramo final con máis forza e descolgouse do seu opoñente entrando en liña de meta nun tempo de 2 horas 4 minutos e 52 segundos, 11 de menos que o húngaro.
Minutos máis tarde, Tono Campos conseguía, tras un intenso sprint co polaco Borgiel, gañar o bronce cun tempo de 2 horas 10 minutos e 3 segundos, só dous segundos mellor que o polaco.
Unha vez finalizada a carreira, Tono Campos admitiu estar "moi satisfeito coa medalla", sobre todo despois do "dura" que foi a regata.
Con estas dúas xa son sete as medallas que acumula o piragüismo galego no Campionato do Mundo de Ponche de Lima.
Los sueños se cumplen y sino que se lo digan a Manu Garrido
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) October 1, 2022
¡Manuel Garrido es oficialmente campeón del Mundo de Maratón!
Tono Campos logra hacerse con el bronce ¡Aquí nadie se rinde!#SomosPalistas | #CanoESP pic.twitter.com/nxZLDUzsLI
Este sábado tamén competiron os padeeiros do Piragüismo Verducido Anxo García e David Pazos no que K1 xuvenil, onde ocuparon a sétima e décima praza, respectivamente; e Noa Conde, do E.P. Ciudad de Pontevedra no C1 sénior onde alcanzou a novena posición.
Relacionadas:
-
Tono Campos, medalla de ouro na proba curta do Mundial de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |
-
Os maratonianos do piragüismo pontevedrés lócense no Nacional e poñen rumbo ao Campionato de Europa
Por Redacción |
-
Jaime Duro, campión do Mundo sub-23 de piragüismo maratón con Diego Piñeiro terceiro
Por Diego Espiño |
-
Diego Romero e Jaime Duro estréanse no Mundial de Maratón cun dobrete na canoa curta
Por Diego Espiño |
-
O Mundial de Ponte de Lima, reto para a armada pontevedresa de piragüismo maratón
Por Redacción |