Tripla representación de Marín Futsal e Poio Pescamar na lista de España para asaltar a clasificación ao Europeo
Por Redacción
A Primeira Federación Futsal Feminina camiña cara ao seu primeiro parón competitivo, tras a próxima xornada de liga que se disputará o sábado 8 de outubro, ante os compromisos que afrontará a Selección Española en procura do pasaporte para o próximo Campionato de Europa.
O combinado nacional concentrarase a partir do día 9 e ata o 23 de outubro, e alí estará unha representación tanto de Marín Futsal como de Poio Pescamar.
A lista oficial da seleccionadopa Claudia Pons mantén entre as súas convocadas á gardameta pontevedresa Silvia Aguete (Marín Futsal), ademais da a súa compañeira de equipo Ale de Paz, fichada este verán desde o Burela.
Pola súa banda tamén regresa ao equipo nacional Luci, do Poio Pescamar.
OFICIAL | Claudia Pons da la lista para los amistosos ante Portugal y el Preeuropeo
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) October 3, 2022
Jugará ante las lusas (14 y 15 de octubre) antes del Preeuropeo ante Bélgica (19), Suecia (20) y Finlandia (21)
https://t.co/otOlnmafZ7 pic.twitter.com/97vFE2qoy4
As tres futbolistas, xunto ao resto de 13 xogadoras citadas, afrontarán un dobre compromiso amigable os días 14 e 15 de outubro fronte a Portugal en terras lusas, para posteriormente dirixirse a Finlandia para xogar a fase de clasificación do Europeo, competición na que defenden título.
Da lista final para viaxar a Helsinqui o 17 de outubro deben caer aínda dúas xogadoras. No país nórdico España medirase a Bélxica (19 de outubro), Suecia (20 de outubro) e Finlandia (22 de outubro) co obxectivo de conseguir o billete para a fase final do torneo.
Relacionadas:
-
Martita e Luci, do Poio Pescamar; e Ale de Paz, do Marín Futsal, convocadas pola Selección Española
Por Redacción |
-
O Marín loita ata o final pero cae en casa do Torreblanca (4-3)
Por Redacción |
-
Recital ofensivo do Poio Pescamar sobre o Alcantarilla para seguir invicto na Seca (4-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Remontada e primeira vitoria a domicilio para o Poio Pescamar (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Repartición de puntos na Raña entre Marín Futsal e Roldán (3-3)
Por Redacción |
-
Longos desprazamentos na segunda rolda da Copa da Raíña para Marín Futsal e sobre todo para Poio Pescamar
Por Redacción |