O Marín loita ata o final pero cae en casa do Torreblanca (4-3)
Por Redacción
Ao Marín Futsal faltáronlle minutos para obrar a remontada na casa do Torreblanca Melilla. As visitantes víronse co marcador en contra por 4-1 pero uns bos instantes na recta final do partido permitiulles reducir distancias para asinar o 4-3 co que concluíu o duelo sobre a bucina.
Comezou dominando o cadro melillense cunha alta presión á saída de balón do Marín, que tiña dificultades para meterse no partido. Con todo, os minutos pasaban con poucos achegamentos perigosos en ambas as porterías e non foi ata o minuto 14 cando as locais abriron a lata. Ana Luiza aproveitou o batiburrillo que se formou na área marinense para sacar un disparo en boca de gol á saída dun saque de banda que María León desviou ao interior das mallas de Silvia. Dous minutos despois, Bea Mateos igualaba a contenda cun golazo pola escuadra
Ao comezo do segundo acto, nada máis saír dos vestiarios, Ana Luiza anotaba o 2-1 para o Torreblanca, mentres que Lara Balseiro e Ceci, de falta, buscaban o gol para o Marín Futsal.
Pero cando se alcanzaba o ecuador, Lubna apareceu para ampliar a renda sobre a marinenses. Parou o cronómetro Ramiro Díaz e optou polo xogo de cinco, instante que aproveitaron as de Melilla para facer o cuarto gol a porta baleira tras un roubo de balón de Lydia.
O Marín seguiu apostando co xogo de cinco e a menos de dous minutos do final Ceci, desde os seis metros, conseguía recortar distancias. Thais puido pechar o partido cun dez metros que parou Aguete e, a dez segundos do final, Pau nun centro chute que deixaba pasar Ale de Paz asinou o 4-3 co que finalizou o duelo.
TORREBLANCA MELILLA (4): Kyslova, Ana Luiza, Thais, Bía e Lydia (quinteto inicial). Tamén xogaron, Juliana, Jhennif, Silvina, Lubna e Sara Soares (segunda porteira).
MARÍN FUTSAL (3): Silvia Aguete; Bea Mateos, Ceci, Ale de Paz e Jessy (quinteto inicial). Tamén xogaron, Lara Balseiro, Pau, Adri e María León.
Goles: 1-0, min. 14 María León (propia porta). 1-1, min. 16 Bea Mateos. 2-1, min. 20 Ana Luiza. 3-1, min. 29 Lubna. 4-1, min. 32 Lydia. 4-2, min. 39 Ceci (penalti). 4-3, min. 40 Pau.
Incidencias: Pizarro Megías e Leiva Martínez. Amoestaron a Juliana, Silvina, Sara Soares, Miguel Centeno no Torreblanca Melilla e Ceci, Pau, Ale de Paz no Marín. Retirouse lesionada Ana Luiza no Torreblanca Melilla.
Relacionadas:
-
Excesivo castigo para o Marín Futsal ante o líder Burela (1-5)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Triunfo do Marín Futsal fronte ao Bisontes de Castellón (3-5) para seguir con vida na Copa da Raíña
Por Redacción |
-
O Marín rescata un punto contra o Alcorcón (1-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Tripla representación de Marín Futsal e Poio Pescamar na lista de España para asaltar a clasificación ao Europeo
Por Redacción |
-
Repartición de puntos na Raña entre Marín Futsal e Roldán (3-3)
Por Redacción |
-
O Ourense Envialia corta as ás do Marín Futsal (2-0)
Por Almu Dapena |
-
O Marín Futsal confirma o seu bo inicio de liga con outra goleada, esta vez ao Leganés (7-2)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Recital goleador na estrea ligueira do Marín Futsal á conta do Sala Zaragoza (1-6)
Por Redacción |