Boas sensacións do Arxil na súa primeira vitoria ligueira (55-65)
Por Redacción
O CB Arxil conseguiu carburar tanto en defensa como en ataque e fíxose coa súa primeira vitoria esta tempada en casa do León. As de Mayte Méndez fixéronse co dominio do partido desde o primeiro cuarto e, aínda que baixaron os brazos antes do descanso, souberon reaccionar para facerse co triunfo por 55-65.
Empezou da mellor forma o partido para as de Pontevedra, anotando un parcial de 18-26 que lles permitía gañar confianza.
Pero reaccionou o León no segundo acto, facendo un 20-11 que lles permitía irse ao descanso con vantaxe dun punto no marcador (38-37) e que deixaba todo por decidir tras o descanso.
Despois do paso polos vestiarios o Arxil non tivo rival. Apertou os dentes en defensa e Nerea Liste e Trajchevska convertéronse en claras protagonistas da xornada, con 16 e 18 puntos, respectivamente, e 26 e 17 de valoración (6-18).
Os últimos 10 minutos serviron para que as pontevedresas mantivesen o resultado asinando un 55-65 co que concluíu o duelo.
Consulta as estatísticas do partido na seguinte ligazón
Relacionadas:
-
O Arxil cómese ao Granada (109-65)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Derrota dun errático Arxil na cancha do Magectias de Lanzarote (52-46)
Por Redacción |
-
O Arxil inicia o curso con derrota ante o Almería na prórroga (75-77)
Por Redacción |
-
A Liga Feminina 2 levanta o pano para un ambicioso Arxil
Por Redacción |